top of page

CRÓNICA X27 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (VIL 4–7 NPA “B”) | Tres puntos para seguir enganchados ao PlayOff

  • 5 hours ago
  • 2 min read
Luns, 13/04/2026 · 18:31h | Os brancos reinan no reparto de goles e consiguen unha vitoria trascendental na batalla pola promoción.
Luns, 13/04/2026 · 18:31h | Os brancos reinan no reparto de goles e consiguen unha vitoria trascendental na batalla pola promoción.

Vitoria fundamental (4-7) do Portus Apostoli “B” para continuar na pomada polo PlayOff. Os de Chipi sobrepuxéronse a un marcador desfavorable en ata tres ocasións e selaron o triunfo na segunda metade.


A primeira transcorreu cun reparto de golpes no marcador. Aínda que todos os goles anotáronos os noieses. Un desafortunado gol en propia meta de Iván nunha acción rocambolesca abriu a lata para os vilalbeses no 3’. O capitán branco Jorge logrou o empate no 8’, cun remate na área a pase de Nico Cuello. A continuación sucedéronse dous goles seguidos de Oliver Chenel. O primeiro, na súa portería, rexeitando ás mallas involuntariamente un saque de banda local; o segundo, nada máis sacar de centro, a pracer a pase de Teo.


Hugo completou o hat-trick de fogo amigo filialista, noutra xogada de adversa fortuna. A pesar de todas as contrariedades, os noieses non se deron por vencidos, e grazas a un gran tramo final de primeiro tempo, colocáronse en vantaxe a través das dianas de Jorge e dúas de Koeman nos últimos segundos previos ao descanso.


Sen deixalo escapar


O Grupo FORMA-T Vilalba FS acertou por primeira vez sen desvíos coa portería noiesa no 27’, recurtando unha diferenza que, a 5 minutos do final, Oliver Chenel volveu a ampliar. Xa no último minuto e cos verdes actuando con porteiro-xogador, Koeman rematou co definitivo 4-7.


E así, todo segue igual na pugna polo PlayOff de ascenso. Os de Chipi continúan 4º, agora con 49 puntos, empatados co 3º FS Salamanca e a un do 2º ADC Lugo Sala. Tres equipos en batalla por dous postos e nove puntos por repartirse.


Próximo partido


O equipo noiés recibirá ao 5 Coruña FS o domingo 19 ás 12:30h na 28ª e antepenúltima xornada ligueira.



Ficha técnica

Grupo FORMA-T Vilalba FS: César (p) (c), Isma, Héctor, Hugo Beceiro e Kevin Chis. Tamén xogaron Antón, Dani, Fari, Dieguito, Álex Durán, Longo e Martín.


Noia Portus Apostoli FS “B”: Iván (p), Hugo, Koeman, Teo e Oliver Chenel. Tamén xogaron Jaime Pan, Brais, Cepeda, Nico Cuello e Jorge (c).


Goles: 1-0 Iván, en propia portería (3’), 1-1 Jorge (8’), 2-1 Oliver Chenel, en propia portería (9’), 2-2 Oliver Chenel (9’), 3-2 Hugo, en propia portería (10’), 3-3 Jorge (17’), 3-4 Koeman (20’), 3-5 Koeman (20’), 4-5 Héctor (27’), 4-6 Oliver Chenel (35’), 4-7 Koeman (39’).


Os árbitros Iria de Luis y Álvaro Sobral amoestaron con tarxeta amarela nos vilalbeses a Kevin Chis (29’), Álex Durán (34’), Héctor (34’), Dieguito (38’) e Fari (39’). Nos noieses, amarelas a Jorge (19’), Hugo (32’), Mateo Varela (34’) e Teo (34’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 27 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal de Vilalba.

Comments


bottom of page