CRÓNICA X26 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (NPA 11–2 5CO) | Letal para manter o liderado
- 3 days ago
- 2 min read

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS supera unha fin de semana importante líder e con nota. Os de Pablo Cardoso venceron (11-2) ao 5 Coruña FS no Municipal Agustín Mourís para, a catro xornadas do final, manterse como o mellor na encarnizada batalla polo campionato.
Os brancos, que comezaban o choque en terceiro lugar da táboa polos resultados dos seus rivais, encarrilaron rápido o marcador do seu lado. Jorge Santiago e Oliver Chenel finalizaron sendas xogadas a balón parado no 5’ e no 8’ para o 2-0. Pouco tardou en chegar o terceiro, obra de Xavi Souto. Máis razóns para que o Portus Apostoli continuase cómodo na pista, dominando e tamén engadindo dianas á súa conta, coas de César e o dobrete de Oliver Chenel. Reduciu diferenzas o 5 Coruña nun disparo de tiro libre directo, ao que inmediatamente respondeu Miguel Romero. A un minuto de encarar vestiarios, os herculinos conseguieron o 6-2 que luciría ao descanso co tanto desgrazado en propia meta de Xavi Souto.
Mantendo a liña
O inicio da segunda metade semellaba vislumbrar un cambio de guión, cun 5 Coruña FS que non baixaba os brazos e embotellaba aos noieses na súa área. Porén, os de Pablo Cardoso reconduciron o rumbo e terminaron por asinar unha gran goleada. Puxeron os goles Jorge Santiago, César, Oliver Chenel para o seu hat-trick particular, Gabi e Iván León, cunha acción persoal de belísima factura.

Nunha xornada na que se enfrontaban os dous máximos rivais, antollábase máis vital se cabe lograr o triunfo, e, sin titubear, así o fixeron os noieses. Primeira posición con 67 unidades, mesmas que o CD Inter Sala Adarsa Mercedes e tres máis que un CD San Cristóbal Cochinillo Tabladillo que perde comba nunha pugna á que aínda lle restan catro capítulos.
Próximo partido
Os brancos visitarán ao Sibuscascoche Ribeira FS o domingo 10 a partir das 13:00h pola 27ª data ligueira.
Ficha técnica
Noia Portus Apostoli FS: Mosquera (p), Cepeda, André, Xavi Souto e Oliver Chenel. Tamén xogaron Jorge Santiago, Iván León, Danito, César (c), Gabi, Bosco, Hugo Veiga e Miguel Romero.
5 Coruña FS: Brais (p), Lucas, Iago Ponte, Nico García e Sousa. Tamén xogaron Xoel (p), Leo Rodríguez, Leo Lavandeira, Bruno, Tomy (c), Fabio, Gonzalo e Manoel.
Goles: 1-0 Jorge Santiago (5’), 2-0 Oliver Chenel (8’), 3-0 Xavi Souto (8’), 4-0 César (12’), 5-0 Oliver Chenel (14’), 5-1 Nico García (16’), 6-1 Miguel Romero (16’), 6-2 Xavi Souto, en propia portería (19’), 7-2 Jorge Santiago (27’), 8-2 César (33’), 9-2 Oliver Chenel (34’), 10-2 Gabi (36’), 11-2 Iván León (39’).
Os árbitros Adrián Buján Barciela e Álvaro Sobral Moreno amoestaron con tarxeta amarela nos noieses a Miguel Romero (16’) e Danito (39’). Nos coruñeses, amarela a Lucas (37’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 26 do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia ante uns 200 espectadores.





Comments