CRÓNICA X26 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (NPA “B” 2–3 SAL) | Derrota pola mínima
- 11 hours ago
- 2 min read

Derrota do Filial noiés (2-3) na visita ao Mourís do FS Salamanca, que logrou darlle a volta á vantaxe dos de Chipi na segunda parte e, con este resultado, comprime aínda máis a zona alta da clasificación.
Abriron a lata os charros, co tanto de Cristian Bernal pasado o ecuador do primeiro tempo, rompendo a igualdade no marcador e no partido. Os brancos recompúxeronse cedo, e no 14’ o capitán Jorge fixo o empate cun remate desde parte central que o meta opoñente non puido desviar.
Torceuse rápido
Co gol de Nico Cuello no 29’, o Portus Apostoli “B” parecía encarar unha nova vitoria, que os situaría nun posto de maior privilexio polo PlayOff. Porén, os salmantinos igualaron a continuación e, nun erro defensivo noiés, colocaron no 33’ un 2-3 que xa non se movería no electrónico.
A falta de catro xornadas, os filialistas sitúanse 4º con 46 puntos, caendo dos puestos de promoción, pero empatados co terceiro, precisamente o FS Salamanca, e a só un do segundo, o ADC Lugo Sala. Por tanto, aínda queda moito por decidirse nesa batalla por un PlayOff máis aberto que nunca.
Próximo partido
Parón pola Semana Santa para o equipo de Chipi, que volverá a xogar en dúas semanas na pista do Grupo FORMA-T Vilalba FS pola 27ª xornada ligueira.
Ficha técnica
Noia Portus Apostoli FS “B”: Iván (p), Hugo, Nico Cuello, Teo e Oliver Chenel. Tamén xogaron Jaime Pan, Brais, Cepeda e Jorge (c).
FS Salamanca: Bruno Galindo (p), Moreiro, Heras, Yayo e Sergio Hernández (c). Tamén xogaron Domi, Ballano, Dani Chino, Cristian Bernal, Martín, Zaballos, Isma Medina e Daniel.
Goles: 0-1 Cristian Bernal (11’), 1-1 Jorge (14’), 2-1 Nico Cuello (29’), 2-2 Sergio Hernández (30’), 2-3 Cristian Bernal (33’).
Os árbitros Ander Orbegozo Cantón e Daniel Dacal Deza amoestaron con tarxeta amarela nos noieses a Jorge (16’) e Teo (23’). Nos salmantinos, amarela a Zaballos (23’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 26 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia ante uns 200 espectadores.





Comments