top of page

CRÓNICA X25 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (VSS 3–9 NPA) | Resolve con firmeza

  • 2 days ago
  • 2 min read
Luns, 27/04/2026 · 20:07h | Os de Pablo Cardoso non perderon a calma en ningún momento e terminaron asinando un amplo triunfo en Pucela.
Luns, 27/04/2026 · 20:07h | Os de Pablo Cardoso non perderon a calma en ningún momento e terminaron asinando un amplo triunfo en Pucela.

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS levou os tres puntos con goleada (3-9) de Valladolid, nun partido no que tivo que conter a reacción local para conseguir levalo.


O comezo non puido ser mellor para os noieses. Iván León e Cepeda puxeron nos dous primeiros minutos o 2-0 no electrónico. Porén, os goles non sentaron ben aos brancos e o CD Valladolid Sport Sala aproveitouno para darlle a volta xusto antes do descanso.


Remontada da remontada


Tras o paso por vestiarios, o Xuvenil DH noiés recuperou sensacións e antes do 30’ xa se colocara novamente en vantaxe coas dianas de Bosco e Iván León. Os valisoletanos puxeron toda a carne no asador coa entrada do porteiro-xogador, o que serviu aos de Pablo Cardoso para, con efectivas transicións, sentenciar o partido a través dos goles de Cepeda, Jorge Santiago, Danito, César e Xavi Souto.


Tres puntos máis para os noieses, que superan con comodidade unha difícil salida nunha complicada fin de semana, e continúan á fronte da táboa con 64 puntos, manténdose por diante do CD Inter Sala Adarsa Mercedes grazas ao goal average particular.


Próximo partido


O equipo branco recibirá ao 5 Coruña FS a vindeira fin de semana pola 26ª xornada ligueira, con dara e hora por concretar.



Ficha técnica

CD Valladolid Sport Sala: Gonzalo Salvador (p), Pablo Juárez, Hugo Pinto, Guillermo Martínez (c) e Alonso Martínez. Tamén xogaron Sergio Rodríguez (p), Denzel Guevara, Jaime Gómez, Alaa Bouchrai, Rodrigo Leal e David Inés.


Noia Portus Apostoli FS: Cristian (p), César (c), Cepeda, Xavi Souto e Jorge Santiago. Tamén xogaron Iván León, Danito, Bosco e Hugo Veiga.


Goles: 0-1 Iván León (1’), 0-2 Cepeda (2’), 1-2 Alonso Martínez (10’), 2-2 Rodrigo Leal (18’), 3-2 Jaime Gómez (19’), 3-3 Bosco (25’), 3-4 Iván León (29’), 3-5 Cepeda (31’), 3-6 Jorge Santiago (36’), 3-7 Danito (35’), 3-8 César (38’), 3-9 Xavi Souto (39’).


Os árbitros Jorge Petite Fernández e Adrián Sanz Martín, do comité asturiano, amoestaron con tarxeta amarela nos valisoletanos a Denzel Guevara (12’) e Hugo Pinto (16’). Nos noieses, amarelas a Jorge Santiago (14’), Hugo Veiga (16’) e o adestrador Pablo Cardoso (34’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 25 do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Pavillón Victorine Le Dieu de Valladolid.

Comments


bottom of page