top of page

CRÓNICA X25 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (NPA 4-3 VSS) | Vitoria de garra

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Apr 19
  • 2 min read

Sábado, 19/04/2025 · 17:40h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os brancos logran tres puntos de carácter ante un rival que esixiu máxima competitividade e mantén a súa vantaxe no liderado.


O Xuvenil DH do Portus Apostoli continuará unha xornada máis líder con 4 puntos de diferenza. Os de Daniel Ventoso superaron este venres ao Valladolid Sport Sala, nun duelo de alta tensión e competitividade cunha segunda metade tola.


Os noieses puxéronse en vantaxe moi cedo. Corría o minuto 2 cando Oliver Chenel lograba embocar a gol un balón solto na área. Os pucelanos atoparon o empate no que practicamente era o seu primeiro disparo entre paus, obra de Daniel Pablos ao 6’ de xogo. O marcador non se movería máis antes do descanso, a pesar dos múltiples intentos do cadro branco.


Reinicio quente


A segunda parte estivo marcada por unha maior igualdade, con momentos para cada equipo e incluso tramos de intercambios en ambas porterías. Só faltaba o gol, e rompeu a seca Álvaro cun disparo axustado ao palo tras recuperación, preto de alcanzar o ecuador do reinicio.


O propio Álvaro aumentou a renad no electrónico no 32’, esta vez desde o punto de penalti. Con ese 3-1 comezou a axitación. Os valisoletanos apostaron inmediatamente polo porteiro-xogador, e na primeira tentativa volveron a poñerse a un tanto. A alegría duroulles poco, xa que no seguinte ataque noiés, Oliver Chenel fixo o 4-2. O golpe non foi suficiente para tumbar aos visitantes, que ao momento se recolocaron de novo a un cun certeiro lanzamento exterior.


A cinco minutos do final, os noieses dispuxeron de superioridade numérica pola expulsión dun pucelano, o que terminou por disparar a temperatura dun duelo cada vez máis quente. A falta de concreción dos de Daniel Ventoso deparou un desenlace emocionante, marcado polos duelos físicos e a tensión que se palpaba en cada acción. Porén, o acerto goleador quedara no pasado, xa que a defensa local impúxose ao empeño do xogo de cinco do Valladolid Sport Sala para reclamar tres importantes puntos na pelexa pola primeira praza.


Próximo partido


A vindeira semana os noieses visitarán ao CD InterSala Adarsa Mercedes o domingo 27 de marzo ás 13:00h pola 26ª xornada ligueira.



Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS: Lucas (p), Saúl, Danito, Álvaro e Brais. Tamén xogaron Mosquera (p), Sito (c), Mateo Varela, Oliver Chenel, Koeman, César, Iago López e Xavi Souto.


Valladolid Sport Sala: Gonzalo Salvador (p), Daniel Pablos, Daniel Sanz, Jaime Vázquez (c) e Guillermo Martínez. Tamén xogaron Alaa Dine Bouchrai (p), Jaime Gómez, Alonso Martínez, Víctor Prieto, Akram el Jaouadi, Rodrigo Inés e Juan Elvira.


Goles: 1-0 Oliver Chenel (2’), 1-1 Daniel Pablos (6’), 2-1 Álvaro (29’), 3-1 Álvaro, de penalti (31’), 3-2 Jaime Vázquez (32’), 4-2 Oliver Chenel (32’), 4-3 Juan Elvira (32’).


Os árbitros Adán Cabo González e Rafael Tovar Rodríguez amoestaron con tarxeta amarela nos noieses a Iago López (27’), Álvaro (29’) e Brais (39’). Nos pucelanos, amarela a Gonzalo Salvador (31’) e viu a vermella directa Alonso Martínez (35’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 25 do Grupo I da Liga Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.

Comentários


bottom of page