CRÓNICA X24 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (NPA 3–2 SAL) | Triunfo de líder
- Apr 20
- 2 min read

O Xuvenil DH conseguiu o triunfo pola mínima (3-2) ante o FS Salamanca AGROCESA o pasado venres. Os de Pablo Cardoso impuxéronse na segunda metade e mantéñense á fronte da táboa clasificatoria.
O acto inicial transcorreu con igualdade e momentos para cada un que, non obstante, só deixaron un tanto. Bordeando o descanso, os visitantes adeiantáronse no electrónico, froito dun saque de esquina no minuto 17 que daba esperanzas á sorpresa do 11º na cancha do líder.
Mellor no reinicio
Os noieses tomaron a batuta á saída de vestiarios e acabaron por darlle a volta ao marcador. Igualouno Iván León no 27’, nunha gran acción de pivote; puxe en iniciativa aos seus Jorge Santiago superado o ecuador do segundo período, finalizando unha incorporación do meta Cristian; e, no tramo final, Cepeda convertiu unha boa xogada individual de Xavi Souto. Os salmantinos responderon ao 3-1 co porteiro-xogador, co que tan só puideron reducir diferenzas nos últimos segundos.
Desta maneira, o equipo de Pablo Cardoso prolonga a súa estadía no liderado unha semana más, empatado a 61 puntos co CD Inter Sala Adarsa Mercedes, manténdose por diante grazas ao goal average particular.
Próximo partido
Os brancos visitarán ao CD Valladolid Sport Sala o vindeiro sábado 25 ás 17:00h na xornada 25 ligueira.
Ficha técnica
Noia Portus Apostoli FS: Cristian (p), César (c), Danito, André e Gabi. Tamén xogaron Jorge Santiago, Iván León, Cepeda, Xavi Souto e Miguel Romero.
FS Salamanca AGROCESA: Iván Natal (p), Lucas Mateos, Mario Olivares, Pablo Barrajón e Antonio Garrido. Tamén xogaron Javier García, Diego Petisco (c), Hugo Amaro, Rubén Sánchez, Álex Vicente e Javier Macías.
Goles: 0-1 Antonio Garrido (17’), 1-1 Iván León (24’), 2-1 Jorge Santiago (31’), 3-1 Cepeda (37’), 3-2 Javier Macías (39’).
Os árbitros Adrián Lagos Piedras e Diego González Pontevedra amoestaron con tarxeta amarela nos noieses ao adestrador Pablo Cardoso (18’) e Xavi Souto (29’). Nos salmantinos, amarela a Javier Macías (19’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 28 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia ante uns 150 espectadores.





Comments