CRÓNICA X22 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (TLS 4–2 NPA) | Non houbo maneira
- 5 days ago
- 2 min read

O Xuvenil DH noiés volveu á Liga cunha derrota (4-2) ante o Trepalio León Sala, nun frustrante partido no que os brancos apenas lograron materializar dúas das súas numerosas oportunidades.
Os locais tomaron vantaxe nos primeiros minutos de xogo, sorprendendo a un Portus Apostoli que dominaba o coiro pero sen lograr incidir en área contraria. Peor se puxo o escenario cando, nunha transición, o Trepalio colocaba o 2-0 no 13’. Xusto antes do descanso, en acción de incorporación, Oliver Chenel reducía distancias con vinte minutos por diante para ir a pola remontada.
Ocasión tras ocasión sen éxito
E por intención e chegadas claras non foi. Unha tras outra se sucederon por parte noiesa. En posicional, en incorporación, con porteiro-xogador. Non houbo maneira de atopar o gol do empate, nunha falta de puntería que os leoneses souberon aproveitar para anotar dous tantos más en accións rápidas e, ao igual que na primeira volta, vencer aos brancos. Tan só no último minuto chegou o acerto, de novo en botas de Oliver Chenel, insuficiente para rascar algo do Municipal Hispánico.
Unha derrota que non lle custa o liderado ao Portus Apostoli polo goal average particular, no que teñen vantaxe sobre un CD Inter Sala Adarsa Mercedes que agora lles empata no máis alto da táboa con 55 puntos.
Próximo partido
Descanso competitivo esta semana para os noieses pola Semana Santa. Seguinte rival, O Parrulo Ferrol FS no Mourís en duelo da 23ª xornada ligueira.
Ficha técnica
Trepalio León Sala: Alejandro García (p), Samuel López, Alejandro Álvarez, Iker Díaz e Iván Plaza. Tamén xogaron Víctor Rodríguez (p), Darío Fernández, Moisés López (c), Marco Fernández, Raúl Hernández, Marco Hernáiz, Mario Soto e Roberto Martínez.
Noia Portus Apostoli FS: Mosquera (p), César (c), Cepeda, Gabi e Oliver Chenel. Tamén xogaron Cristian (p), Jorge Santiago, Danito, Xavi Souto, André e Miguel Romero.
Goles: 1-0 Samuel López (2’), 2-0 Alejandro Álvarez (13’), 2-1 Oliver Chenel (20’), 3-1 Alejandro Álvarez (29’), 4-1 Iker Díaz (30’), 4-2 Oliver Chenel (40’).
Os árbitros Paula Álvarez Nogueiro e Daniel de la Torre Escribano amoestaron con tarxeta amarela nos leoneses a Marco Fernández (37’). Nos noieses, amarelas a Gabi (26’) e Xavi Souto (33’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 22 do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal Hispánico de León.





Comments