top of page

CRÓNICA X22 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (ATB 3-2 NPA) | Derrota in extremis en Benavente


Luns, 10/03/2025 · 15:30h | O Xuvenil cede o liderado tras acumular catro xornadas seguidas sen gañar.


O Xuvenil de División de Honra do Portus Apostoli tampouco atopou en Benavente o camiño para a reacción. Os noieses caeron por 3-2 ante o Lácteos Cobreros Atlético Benavente FS e baixan á segunda praza da clasificación tras catro xornadas sen lograr a vitoria.


Romperon os locais unha igualdade que durara 15 minutos por medio de Unai Luque, que convertía unha acción de incorporación do seu porteiro. O Portus Apostoli reaccionou co empate ao bordo do descanso, e incluso logrou adiantarse no marcador xa na segunda metade, con ambos goles levando a sinatura de Mateo Varela.


Cruel resolución


Pero pouco lles durou a alegría aos noieses, que viron como o 2-2 chegaba apenas uns instantes despois. Aínda con ocasións e momentos para cada equipo, o tanteador mantívose así ata que o electrónico marcaba algo máis dun minuto para o final, cando Daniel Santiago anotou o terceiro tanto para o Lácteos Cobreros. O que, posteriormente, significaría o do triunfo zamorano, a pesar dos intentos dos de Daniel Ventoso por evitalo.


Despois desta cuarta data seguida sen gañar, con tres derrotas pola mínima e un empate, o Xuvenil DH noiés perde o liderado en favor do 5 Coruña FS, que posúe dous puntos máis que os 49 dos brancos.


Próximo partido


Os noieses recibirán ao ED Vigo 2015 FS o vindeiro domingo 16 ás 17:30h, pola 23ª xornada ligueira.


 

Ficha técnica

Lácteos Cobreros Atlético Benavente FS: Alejandro Ruano (p), Daniel Santiago, Hugo Lobato, Javier Rodríguez e Hugo Macías. Tamén xogaron Marcos Caballero (p), Kauan Amin, Noé Real, Antonio Ponte, Unai Luque, Víctor Pereira e José Granada.


Noia Portus Apostoli FS: Lucas (p), César, Mateo Varela, Xavi Souto e Oliver Chenel. Tamén xogaron Koke (p), Sito (c), Danito, Saúl, Miguel Romero e Adrián Yáñez.


Goles: 1-0 Unai Luque (15’), 1-1 Mateo Varela (20’), 1-2 Mateo Varela (23’), 2-2 Javier Rodríguez (25’), 3-2 Daniel Santiago (39’).


Os árbitros David Llorente el Hataf e Víctor Rodríguez Faraco amoestaron nos benaventanos con tarxeta amarela a Hugo Lobato (30’) e Alejandro Ruano (40’). Nos noieses, amarelas a Sito (26’) e Mateo Varela (tras el partido).


Incidencias: partido correspondente á xornada 22 do Grupo I da Liga Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal La Rosaleda de Benavente.

Comments


bottom of page