
Luns, 24/02/2025 · 11:40h · Imagen: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses desperdiciaron varias oportunidades que impediron lograr a remontada.
Segunda xornada consecutiva sen gañar para un Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS ao que se lle atascou o duelo na casa ante o Sibuscascoche Ribeira FS, que frustrou aos noieses a quedarse con só un punto.
E iso que a contenda dificilmente puido empezar mellor. Non se cumplira o primeiro minuto de xogo cando Álvaro finalizaba unha acción de falta para abrir a lata. O escenario perfecto para converter o partido nun monólogo branco.
Porén, os de Daniel Ventoso non lograron aumentar a súa renda e os visitantes foron animándose pouco a pouco, e dunha acción a balón parado sacaron o petróleo para o empate. O tanto ribeirego foi como unha xerra de auga fría para os noieses, que instantes despois encaixaron o 1-2 nunha transición mal axustada en defensa.
Sen acerto
Superados eses difíciles minutos, o resto de primeiro acto e practicamente todo o segundo consistiron en chegada tras chegada do Xuvenil DH noiés. Con 9 minutos aínda por diante, Brais reinstaurou o empate cun remate directo de falta. Foi a única fisura defensiva dun Sibuscascoche Ribeira FS que, capitaneado polo seu porteiro, resistiu ata o final as embestidas dun Portus Apostoli que se tivo que conformar co punto.
Os noieses continúan no máis alto da táboa, a pesar de enlazar dúas datas seguidas sen gañar, con 49 puntos e 4 de diferenza co segundo clasificado.
Próximo partido
Visita ao Valladolid Tierno Galván AGROCESA o vindeiro sábado 1 de marzo ás 19:30 no Municipal Lalo García pola 21ª xornada ligueira.
Ficha técnica
Noia Portus Apostoli FS: Lucas (p), César, Álvaro, Xavi Souto e Oliver Chenel. Tamén xogaron Koke (p), Sito (c), Mateo Varela, Brais, Saúl e Danito.
Sibuscascoche Ribeira FS: Cristian Giraldo (p), Saúl Luna, Xabi García, Mateo López e Adri López. Tamén xogaron Marco Dorado, Xabier Tubío, Jorge Alonso e Daniel López.
Goles: 1-0 Álvaro (1’), 1-1 Adri López (11’), 1-2 Saúl Luna (14’), 2-2 Brais (31’).
Os colexiados Ander Orbegozo Cantón e Álvaro Sobral Moreno amoestaron con tarxeta amarela nos noieses a Brais (25’). Nos ribeiregos, amarela a Mounir (14’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 20 do Grupo I da Liga Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.
Comments