top of page

CRÓNICA X1 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (NPA “B” 4-8 ATB) | Debut sen puntos

14 hours ago
2 min read
Luns, 21/09/2026 · 18:12h | Os filialistas cederon ante o poderío dun dos conxuntos favoritos a ocupar a zona alta da táboa.
Luns, 21/09/2026 · 18:12h | Os filialistas cederon ante o poderío dun dos conxuntos favoritos a ocupar a zona alta da táboa.

O Filial branco deu arranque á temporada con derrota na casa (4-8) contra o Caja Rural Atlético Benavente FS, que demostrou a súa bitola de aspirante ao título.


O debut púxose costa arriba nada máis empezar, con dous goles benaventanos no minuto 2. A reacción noiesa trasladouse ao marcador no 12’, co disparo de lonxe de Iago López propiciando o 1-2. Porén, a poucos segundos do descanso, o Portus Apostoli “B” encaixou un gol psicolóxico no 1-3 de Ángel.


Os erros pagáronse caro


O reinicio tampouco foi positivo para os de Chipi, que encaixaron nunha rápida transición o 1-4 no 22’. O Caja Rural non perdoaba ningún erro, e volveuno a demostrar cos seus dous seguintes tantos, o segundo xa co Filial utilizando porteiro-xogador. A superioridade numérica tamén deu boas novas, cos goles de Teo e Nico Cuello colocando o 3-6. Pero calquera signo de esperanza esvaeceuse coas posteriores dianas de Guancho e Juanlu. Xa no último minuto, Gabi conseguiu o definitivo 4-8.



Próximo partido


Os noieses visitarán ao SD Xove FS o vindeiro sábado 26 ás 18:45h no Municipal de Xove pola 2ª xornada ligueira.



Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS “B”: Mosquera (p), Álvaro, Cepeda, Nico Cuello (c) e Gabi. Tamén xogaron Mario Fernández, Teo, César, Iago López, André e Hugo de la Peña.


Caja Rural Atlético Benavente FS: Raúl Carrero (p), Vallejo, Guancho, Juanlu e Willy May. Tamén xogaron Álvaro Pinto, Rodrigo, Pablito, Koeman, Kauan e Ángel.


Goles: 0-1 Guancho (3’), 0-2 Pablito (3’), 1-2 Iago López (12’), 1-3 Ángel (20’), 1-4 Juanlu (22’), 1-5 Pablito (25’), 1-6 Guancho (27’), 2-6 Teo (31’), 3-6 Nico Cuello (34’), 3-7 Guancho (36’), 3-8 Juanlu (36’), 4-8 Gabi (39’).


Os árbitros Álvaro Sobral Moreno e Ander Orbegozo Cantón amoestaron con tarxeta amarela nos noieses ao adestrador Chipi (11’), Gabi (25’) e Cepeda (25’). Nos benaventanos, amarelas a Raúl Carrero (10’), Pablito (11’), Juanlu (18’), Vallejo (32’) e Koeman (39’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 1 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.

Comments


bottom of page