top of page

CRÓNICA X19 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (NPA “B” 8–0 BEG) | Cómodo triunfo

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 3 hours ago
  • 2 min read
Luns, 02/02/2026 · 15:59h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses demostraron un gran compromiso e seriedade desde o principio para facerse cos tres puntos.
Luns, 02/02/2026 · 15:59h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses demostraron un gran compromiso e seriedade desde o principio para facerse cos tres puntos.

O Portus Apostoli “B” non deu lugar á sorpresa na noite do venres, desfacéndose con sobriedade e contundencia (8-0) do pechacancelas Concello de Begonte FS no Municipal Agustín Mourís.


Os brancos tiveron o control do partido e, desde ben cedo, tamén do marcador. Koeman fixo o 1-0 no 3’, enviando ás mallas un balón solto na área. Cun gran recurso nos últimos metros, o capitán Jorge colocou o 2-0 no 7’. Os de Chipi só ían a máis co paso dos minutos, e no 15’ Nico Cuello e Oliver Chenel anotaron en dúas xogadas practicamente consecutivas para rubricar o 4-0.


Mantendo o guión


Con dous disparos ao palo achegouse o Concello de Begonte FS ao gol no inicio do segundo acto. Foi o único momento de partido no que o Filial, sólido atrás e incisivo arriba con e sen pelota, concedeu algo ao rival. A partir de aí, volveu a ser todo de cor branca.


Podes ver AQUÍ a GALERÍA do partido | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Podes ver AQUÍ a GALERÍA do partido | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Oliver Chenel repetiu no 23’ a pase de Koeman. Brais marcou o sexto ao ‘eu guísomo, eu cómomo’ en transición sobre o minuto 30. A pracer subiu Cepeda o sétimo ao marcador despois dunha espectacular xogada combinativa. E nunha das intentonas visitantes con porteiro-xogador, Koeman penalizou desde a súa media pista para o definitivo 8-0 no 35’.


Segunda vitoria consecutiva para o equipo noiés, que volve a mirar cara arriba desde a 6ª posición con 31 puntos, a 3 da zona de PlayOff e con 9 de distancia sobre o descenso.


Próximo partido


Os brancos repetirán en venres a vindeira semana, visitando o día 6 ás 20:00h ao CD Tierno Galván FS pola 20ª xornada ligueira.



Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS “B”: Mosquera (p), Hugo, Koeman, Teo e Brais. Tamén xogaron Koke (p), Mateo Varela, Oliver Chenel, Jaime Pan, Cepeda, Nico Cuello e Jorge (c).


Concello de Begonte FS: Sergio Freire (p), Daniel Pardo, Daniel Jove (c), Brais Astray e Diego Rey. Tamén xogaron Jorge Rodríguez (p), Jesús Veiga, Daniel Varela, Anxo Veiga, Iván Feijoo e Pablo Vázquez.


Goles: 1-0 Koeman (3’), 2-0 Jorge (7’), 3-0 Nico Cuello (15’), 4-0 Oliver Chenel (15’), 5-0 Oliver Chenel (23’), 6-0 Brais (29’), 7-0 Cepeda (34’), 8-0 Koeman (35’).


Os árbitros Mayra Camila Araujo e Brais Comesaña Álvarez amoestaron con tarxeta amarela nos noieses a Jorge (12’). Nos chairegos, amarela a Anxo Veiga (18’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 19 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia ante uns 200 espectadores.

Comments


bottom of page