top of page

CRÓNICA X17 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (COL 1-6 NPA) | Primeira vitoria da segunda volta


Luns, 03/02/2025 · 16:30h | Os noieses cumpriron os pronósticos ao superar a un pechacancelas correoso ata o final.


O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS logrou a primeira vitoria da segunda volta en Ciudad Rodrigo, ao impoñerse por un resultado de 1-6 ao último clasificado, o CD Tres Columnas Soliges Redmediaria.


Danito abriu o marcador para os noieses no 4’, finalizando unha acción de saque de esquina. Os de Daniel Ventoso foron dominadores do resto do primeiro acto, aínda que o seguinte gol fíxose de rogar ata o 17’, cando Álvaro conectou un disparo de lonxe inalcanzable para o meta rival.


Encarrilado rápido


A segunda metade iniciou practicamente da mesma maneira. Outro tanto de Álvaro, a asistencia de Oliver Chenel, ampliou as diferenzas no 24’. Catro minutos máis tarde, Saúl convertiu o cuarto ao aproveitar un balón solto na área.


Os locais, que a pesar da desvantaxe non baixaron os brazos, lograron o seu primeiro e único gol por medio dunha xogada individual de José Alberto que entrou na portería noiesa ao desviar o coiro Sito de forma involuntaria.


Os noieses seguiron ao seu, e superado o ecuador do segundo tempo Xavi Souto asinou o 1-5, un minuto antes do definitivo 1-6 de Brais, hábil para roubar o balón na primeira acción dos salmantinos con porteiro-xogador e penalizar a porta baleira. O marcador puido moverse algo máis, co tiro de dez metros errado por Oliver Chenel como ocasión máis chamativa.


15ª vitoria en 16 partidos para o conxunto noiés, máis líder con 45 puntos e que ten aínda pendente o aprazado compromiso da xornada 16.


Próximo partido


Os de Daniel Ventoso reciben ao FS Salamanca Ecotisa a vindeira fin de semana pola xornada 18.


 

Ficha técnica

CD Tres Columnas Soliges Redmediaria: Juanan (p), José Alberto, Alejandro Calvo, Héctor e Paúl. Tamén xogaron Jorge Mota (p), Alejandro Vegas, Pablo Uribe, Álex Sastre e Marcos Montero.


Noia Portus Apostoli FS: Lucas (p), César, Álvaro, Xavi Souto e Oliver Chenel. Tamén xogaron Koke (p), Sito (c), Mateo Varela, Miguel Romero, Brais, Saúl e Danito.


Goles: 0-1 Danito (4’), 0-2 Álvaro (17’), 0-3 Álvaro (22’), 0-4 Saúl (26’), 1-4 Sito, en propia portería (28’), 1-5 Xavi Souto (31’), 1-6 Brais (32’).


Os colexiados Miguel Cazón Chamorro e Jorge Petite Fernández amoestaron polos salmantinos con tarxeta amarela a Alejandro Vegas (11’), Héctor (24’) e José Alberto (32’). E nos noieses, amarela a Mateo Varela (38’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 17 da Liga Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal Conde de Foxá de Ciudad Rodrigo.

Commentaires


bottom of page