top of page

CRÓNICA X17 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (NPA 5–3 VTG) | Reacción de carácter

  • 3 days ago
  • 2 min read
Luns, 16/02/2026 · 19:19h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Pablo Cardoso repóñense da anterior derrota e remontan para sumar tres importantes puntos.
Luns, 16/02/2026 · 19:19h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Pablo Cardoso repóñense da anterior derrota e remontan para sumar tres importantes puntos.

O Xuvenil DH do Portus Apostoli sacou todo o seu corazón e resiliencia cando máis o precisaba para lograr a vitoria (5-3) na visita ao Mourís do Valladolid Tierno Galván FS AGROCESA.


Foi un choque de igualdade, tal e como pronosticaba a clasificación ao reunir ao 2º e 4º clasificado. Ata o minuto 14 non se rompeu o equilibrio no marcador. Fíxoo Gabi para o cadro local, convertendo un remate de falta cercana á área.


Resposta instantánea


Os valisoletanos saíron mellor na segunda parte e déronlle a volta ao partido en sete minutos. Nun escenario onde as dúbidas podían invadir a mente e as pernas, os brancos recompuxéronse e conseguiron premio. Gabi completou o seu hat-trick con dous goles en dous minutos que volvían a poñer por diante aos seus.


Un póquer decisivo | Imagen: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Un póquer decisivo | Imagen: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

O Valladolid Tierno Galván FS AGROCESA puxo de novo as táboas no 35’, pero un Gabi en total estado de graza anotou o 4-3. Co porteiro-xogador visitante en cancha, Álvaro castigou desde a súa media pista, poñendo a guinda á súa reaparición tras varios meses de lesión e, de paso, ao encontro.


Este triunfo noiés, unido ao empate do CD Inter Sala Adarsa Mercedes en León, provocan un empate a 43 puntos no máis alto da táboa, cun enfrontamento entre ambos equipos dentro de dúas semanas.


Próximo partido


O conxunto de Pablo Cardoso visitará ao Jogafan Ordes FS o vindeiro sábado 21 a partir das 17:30h pola 18ª data ligueira.



Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS: Cristian (p), César (c), Miguel Romero, Gabi e Iván León. Tamén xogaron Jorge Santiago, Álvaro, Xavi Souto, André e Danito.


Valladolid Tierno Galván FS AGROCESA: Abel Martínez (p), Mario Fernández (c), Gonzalo Placer, Iker Alonso e Alejandro Mencía. Tamén xogaron Diego García (p), Daniel Santiago, Mario García, Daniel Gutiérrez e Hugo Ibáñez.


Goles: 1-0 Gabi (14’), 1-1 Alejandro Mencía (22’), 1-2 César, en propia portería (27’), 2-2 Gabi (32’), 3-2 Gabi (33’), 3-3 Gonzalo Placer (35’), 4-3 Gabi (37’), 5-3 Álvaro (38’).


Os árbitros Álvaro Sobral Moreno e Andrés Pinilla Boullosa amoestaron con tarxeta amarela aos pucelanos Daniel Gutiérrez (17’) e Gonzalo Placer (33’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 17 do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia ante uns 200 espectadores.

Comments


bottom of page