top of page

CRÓNICA X17 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (NPA “B” 6–6 ALB) | Un punto de sensacións encontradas

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Jan 19
  • 2 min read

Updated: Jan 20

Luns, 19/01/2026 · 12:30h | Partido de constantes alternativas no que o Filial salva un empate e estende a súa xeira de partidos sen gañar.
Luns, 19/01/2026 · 12:30h | Partido de constantes alternativas no que o Filial salva un empate e estende a súa xeira de partidos sen gañar.

O Filial noiés non puido curtar a serie de partidos sen gañar, nun disputado encontro fronte ao Piensos Durán Albense FS que terminou con empate (6-6) despois dun baile de alternativas no electrónico.


Abriuno o equipo salmantino no primeiro minuto de xogo por medio de Álvaro Morales. O mesmo xogador volveu a adiantar ao Piensos Durán Albense FS no 9’, despois do empate de Hugo no 8’ nunha acción de saque de esquina. Os brancos tiveron o acerto para darlle a volta con tres goles en poucos minutos, un de Oliver Chenel e dous de Jorge -o segundo de moi bela factura en xogada individual-. Pouco antes do descanso, os visitantes recurtaron diferenzas para colocar o 4-3 no camiño a vestiarios.


Reparto constante no marcador


Raúl Herrero igualou de novo no 27’ e, apenas un minuto máis tarde, Koeman recolleu un balón solto para reinstalar a vantaxe dos seus co 5-4. Porén, o Albense lograría aproveitar dous erros noieses para anotar sendos tantos que colocaban o 5-6 a seis minutos do final. Introduciu Chipi o porteiro-xogador, que lle deu resultado co gol de Nico Cuello no 37’. Tívoa Brais nos últimos segundos para deixar o triunfo na casa, pero finalmente os puntos repartíronse entre ambos bloques.


Tras esta 17ª xornada, o Portus Apostoli “B” mantense 8º con 25 puntos na táboa clasificatoria e terá que agardar unha semana máis para intentar terminar coa dinámica de encontros sen gañar que xa se sitúa en sete consecutivos.


Próximo partido


Os brancos visitarán ao CD River Zamora FS o domingo 25 ás 12:30h no Municipal Manuel Camba pola 18ª xornada ligueira.



Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS “B”: Iván (p), Hugo, Koeman, Nico Cuello e Brais. Tamén xogaron Mosquera (p), Teo, Oliver Chenel, Cepeda e Jorge (c).


Piensos Durán Albense FS: Carlos Tejedor (p) (c), Juan, Álvaro Caminero, Jorge e Álvaro Morales. Tamén xogaron Raúl Herrero, Daniel Ratero, Marcos e Sergio.


Goles: 0-1 Jorge (1’), 1-1 Hugo (8’), 1-2 Álvaro Morales (9’), 2-2 Oliver Chenel (14’), 3-2 Jorge (16’), 4-2 Jorge (17’), 4-3 Álvaro Morales (19’), 4-4 Raúl Herrero (27’), 5-4 Koeman (28’), 5-5 Daniel Ratero (32’), 5-6 Marcos (34’), 6-6 Nico Cuello (37’).


Os árbitros Álvaro Sobral Moreno e Ander Orbegozo Cantón amoestaron con tarxeta amarela aos visitantes Sergio (18’) e Álvaro Caminero (23’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 17 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia ante uns 250 espectadores.

Comments


bottom of page