top of page

CRÓNICA X16 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (CRI 3–1 NPA) | Derrota en Segovia

  • Feb 10
  • 2 min read
Martes, 10/02/2026 · 15:38h | Os brancos perden o liderado no comezo da segunda volta.
Martes, 10/02/2026 · 15:38h | Os brancos perden o liderado no comezo da segunda volta.

O Xuvenil DH cae (3-1) no inicio da segunda volta a mans do CD San Cristóbal Cochinillo Tabladillo e perde o liderado do Grupo 1 en favor do CD Inter Sala Adarsa Mercedes.


Non foi o mellor partido do conxunto de Pablo Cardoso, a mercé en moitos momentos do rival. A pesar diso, a diferenza na primeira metade só foi dun gol, co CD San Cristóbal Cochinillo Tabladillo logrando adiantarse no minuto 16.


Boa intención, sen premio


Tras o paso por vestiarios, os noieses intentaron desembarazarse do dominio local e achegarse ao empate con incorporacións do seu porteiro, pero nun erro en saída chegou o 2-0 no 31’. Dous minutos despois, o gol en propia meta dos segovianos devolveu a esperanza ao cadro branco ata o final, que só terminou de arrancar o definitivo 3-1 convertido no último minuto.


Próximo partido


Os brancos recibirán o vindeiro sábado 14 ás 16:00h ao Valladolid Tierno Galván AGROCESA pola 17ª xornada ligueira.



Ficha técnica

CD San Cristóbal Cochinillo Tabladillo: Adrián Martín (p), Hugo Sebastián (c), Adrián Galindo, Marco Álvarez e Sergio Portal. Tamén xogaron Aitor Blanco (p), Álvaro Serrano, Mario Arribas, Daniel Gacimartín, Adrián Matute, Iker Gómez, Luis Alonso e Rodrigo Huertas.


Noia Portus Apostoli FS: Cristian (p), César (c), Miguel Romero, André e Iván León. Tamén xogaron Jorge Santiago, Xavi Souto, Gabi, Bosco, Hugo Veiga e Danito.


Goles: 1-0 Álvaro Serrano (16’), 2-0 Luis Alonso (31’), 2-1 Hugo Sebastián, en propia portería (33’), 3-1 Sergio Portal (39’).


Os árbitros Rubén Miguel Velasco e Roberto Álvaro, do comité castelán-leonés, amoestaron con tarxeta amarela nos segovianos a Hugo Sebastián (24’), Adrián Galindo (37’) e Sergio Portal (39’). Nos noieses, amarelas a Danito (8’) e Gabi (19’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 16 do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal San Cristóbal de Segovia.

Comments


bottom of page