top of page

CRÓNICA X16 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (LEI 6–3 NPA “B”) | Derrota na estrea no 2026

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 5 hours ago
  • 2 min read
Luns, 12/01/2026 · 18:08h | Os de Chipi plantaron cara ao líder, que impuxo a súa condición na segunda metade.
Luns, 12/01/2026 · 18:08h | Os de Chipi plantaron cara ao líder, que impuxo a súa condición na segunda metade.

O Noia Portus Apostoli FS “B” non puido co líder. Os de Chipi completaron unha boa actuación á marxe das numerosas baixas, pero acabaron cedendo (6-3) na segunda parte do encontro.


Os locais abriron a lata no primeiro minuto, aproveitando un erro noiés. Pasado o minuto 10, Aicardo colocou o 2-0 para o Exlabesa Leis Pontevedra FS. Porén, o Filial non baixou os brazos en ningún momento, e conseguiu reducir diferenzas cun golazo de equipo convertido por Teo no minuto 13.


Intentándoo sen descanso


A pesar dos intentos filialistas por incomodar co uso do porteiro-xogador, o cadro pontevedrés tivo a capacidade de ampliar diferenzas con dous goles máis. Nico Cuello anotou o segundo tanto dos noieses, pero de pouco serviu, xa que os amarelos engadirían outros dous máis na recta final. A insistencia do Portus Apostoli “B” tivo un último premio co gol de Oliver Chenel.


Con este resultado, os noieses sitúanse 7º con 24 puntos nunha táboa clasificatoria moi apretada: a 3 de postos de PlayOff e con 3 de vantaxe sobre a zona de descenso.


Próximo partido


Os brancos recibirán ao Piensos Durán Albense FS este sábado 17 ás 17:00h pola xornada 17 ligueira.



Ficha técnica

Exlabesa Leis Pontevedra FS: Álex (p), Yeray, Iván Domínguez, Dani Zore e Said. Tamén xogaron Dani Pérez (p), Mosaab, Aicardo (c), Cley, Arturo e Silva.


Noia Portus Apostoli FS “B”: Mosquera (p), Hugo, Nico Cuello, Teo e Oliver Chenel. Tamén xogaron Koke (p), Mateo Varela, Jorge Santiago, Cepeda, Jorge (c) e Xavi Souto.


Goles: 1-0 Yeray (1’), 2-0 Aicardo (10’), 2-1 Teo (13’), 3-1 Iván Domínguez (24’), 4-1 Said (28’), 4-2 Nico Cuello (32’), 5-2 Yeray (32’), 6-2 Dani Zore (39’), 6-3 Oliver Chenel (39’).


Os árbitros Andrés Pinilla Boullosa e Daniel López López amoestaron con tarxeta amarela nos pontevedreses a Dani Zore (14’), Aicardo (27’) e Said (32’). Nos noieses, amarelas a Cepeda (11’), Hugo (13’), Nico Cuello (28’) e Oliver Chenel (31’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 16 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal de Deportes de Pontevedra.

Comments


bottom of page