CRÓNICA X14 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (NPA 10–4 BAÑ) | Goleada para poñerse a un partido da Copa
- Departamento prensa Noia PA FS

- 3 days ago
- 2 min read

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS suma un novo triunfo fundamental para o soño copeiro. Os brancos dobregaron ao CFS Finura de Ibérico La Bañeza con rotundidade (10-4) e mantéñense líderes do Grupo 1 a unha xornada de pechar a primeira volta.
O choque comezou de maneira trepidante. Apenas transcorrían once segundos de partido cando Oliver Chenel colocaba o 1-0. Os visitantes non se engurraron e anotaron o tanto do empate no 2’, pero os noieses volveron a golpear e por partida dobre no 3’, co gol de Gabi e outro en propia porta.

Co 3-1 asentado, o Xuvenil DH noiés agarrou definitivamente a batuta do partido, aínda que o CFS Finura de Ibérico La Bañeza dificultaba desde a presión. De feito, os leoneses lograron reducir diferenzas no 7’. Tras varios intentos infructuosos, volveuna a aumentar Oliver Chenel no 15’, situado no lugar exacto para desviar o balón ao fondo das mallas.
Sentenciando no desenlace
O máximo realizador branco completou o seu hat-trick ao regreso de vestiarios para o 5-2. Lonxe de baixar os brazos, os bañezanos lograron o seu terceiro tanto con aínda quince minutos por diante. Pero os de Pablo Cardoso acabaron impoñéndose definitivamente no último tramo de encontro. Xusto cruzado o ecuador do segundo período, Bosco convertiu cun remate ao pau curto o sexto; Cepeda fixo o sétimo, que xa decantaba de todo un partido ao que, máis aló do cuarto gol visitante, puxéronlle a guinda Danito, en dúas ocasións, e César.
A falta dunha xornada que decidirá o equipo do Grupo 1 que xogará a Copa de España Xuvenil FS, o Portus Apostoli ocupa esa ansiada primeira praza con 37 puntos, 1 de diferenza co CD Inter Sala Adarsa Mercedes.
Próximo partido
Os brancos concluirán a primeira volta na pista do Redondela FS Rodavigo o vindeiro sábado 31 de xaneiro ás 16:00h.
Ficha técnica
Noia Portus Apostoli FS: Gabi Díaz (p), César (c), Cepeda, Gabi e Oliver Chenel. Tamén xogaron Cristian (p), Jorge Santiago, Iván León, Koeman, André, Bosco, Hugo Veiga, Danito e Miguel Romero.
CFS Finura de Ibérico La Bañeza: Adrián (p), Iker (c), Hugo, Axel e Pan. Tamén xogaron Alfonso (p), Villazala, Dunny e Fran.
Goles: 1-0 Oliver Chenel (1’), 1-1 Axel (2’), 2-1 Gabi (3’), 3-1 Iker, en propia portería (3’), 3-2 Villazala (7’), 4-2 Oliver Chenel (15’), 5-2 Oliver Chenel (22’), 5-3 Dunny (25’), 6-3 Bosco (30’), 7-3 Cepeda (33’), 8-3 Danito (34’), 8-4 Axel (37’), 9-4 Danito (37’), 10-4 César (39’).
Os árbitros Guillermo Martínez e Marcos Noya Pardo amoestaron con tarxeta amarela aos visitantes Pan (25’) e Dunny (32’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 14 do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia ante uns 200 espectadores.











Comments