CRÓNICA X13 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (LEI 2–7 NPA) | Tres puntos máis preto
- Departamento prensa Noia PA FS

- Jan 19
- 2 min read

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS resolveu na segunda metade a súa visita a Pontevedra, onde acabou goleando (2-7) a un Exlabesa Leis Pontevedra FS que llo puxo complicado durante boa parte do encontro.
Os brancos dominaron o encontro, pero custoulles rubricalo no marcador. Ata o 8’ non o inaugurou, por medio de Jorge Santiago. Tampouco a fortuna estaba completamente do seu lado, xa que o empate local no 13’ chegou a través de Koeman anotando en propia portería. Non foi ata poucos segundos antes do descanso que os noieses recuperaron a vantaxe, grazas a Miguel Romero.
Sentenza no tramo final
Jorge Santiago asinou o seu dobrete e puxo máis tranquilidade no seo noiés cando corría o 25’. Pero un novo autogol dun desafortunado Koeman devolveu toda a esperanza aos pontevedreses con algo máis de dez minutos por diante. Oliver Chenel esfumou as opcións de sorpresa con dúas dianas para levar o marcador ao 2-5, e no tramo final César e Gabi pecharon o partido en favor dos seus.
O equipo noiés suma así tres fundamentais puntos máis na loita polo soño copeiro, donde os perseguidores non afrouxan e mantéñense preto dos 34 puntos dun Xuvenil DH branco líder ao que lle restan dous asaltos para terminar a primeira volta.
Próximo partido
Os de Pablo Cardoso disputarán o seu último partido como local da primeira volta o vindeiro sábado 24 de xaneiro ás 16:30h fronte ao CFS Finura de Ibérico La Bañeza.
Ficha técnica
Exlabesa Leis Pontevedra FS: Pablo Dasilva (p), Pablo Sande, Pablo Area (c), Jorge Rodríguez e Bruno González. Tamén xogaron Xoel Bertolo (p), Lucas Outeda, Saúl Sotelo, Jairo Costa, Javier Nogueiras e Iker Fernández.
Noia Portus Apostoli FS: Gabi Díaz (p), César (c), Miguel Romero, Gabi e Oliver Chenel. Tamén xogaron Cristian (p), Jorge Santiago, Iván León, Koeman, Cepeda, Xavi Souto, André, Hugo Veiga e Danito.
Goles: 0-1 Jorge Santiago (8’), 1-1 Koeman, en propia portería (13’), 1-2 Miguel Romero (19’), 1-3 Jorge Santiago (25’), 2-3 Koeman, en propia portería (29’), 2-4 Oliver Chenel (32’), 2-5 Oliver Chenel (35’), 2-6 César (36’), 2-7 Gabi (37’).
Os árbitros Adrián Lagos e Ander Orbegozo amoestaron con tarxeta amarela nos pontevedreses a Pablo Area (13’), ao adestrador Diego Jamardo (24’) e Pablo Sande (34’ e 35’). Nos noieses, amarela a Cepeda (27’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 13 do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Pavillón Monte Carrasco (Marcón, Pontevedra).











Comments