top of page

CRÓNICA X11 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (5CO 2–2 NPA) | Táboas en A Coruña

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Dec 22, 2025
  • 2 min read
Luns, 22/12/2025 · 20:39h · Imaxe (de arquivo): Alejandro Lorenzo | Os de Pablo Cardoso igualaron a dous tantos nun partido marcado polo equilibrio.
Luns, 22/12/2025 · 20:39h · Imaxe (de arquivo): Alejandro Lorenzo | Os de Pablo Cardoso igualaron a dous tantos nun partido marcado polo equilibrio.

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS pecha o 2025 cun empate en A Coruña, froito dun partido equilibrado no que ningún tivo o acerto para levar os tres puntos.


Toda a emoción goleadora concentrouse nos primeiros seis minutos de xogo. Xavi Souto adiantou aos noieses nos compases iniciais. No 5’, o 5 Coruña FS xa lle dera a volta ao electrónico, e a reacción branca foi inmediata para, por medio de Gabi, colocar o 2-2.


Acción sen premio


34 minutos restaban e, a pesar dos varios intentos de ambos conxuntos por facerse co triunfo, o marcador non se movería máis. As defensas impuxéronse aos ataques e coruñeses e noieses repartíronse os puntos. Para os segundos, supón continuar no máis alto da táboa con 28, 1 de diferenza sobre o segundo clasificado. A loita polo posto na Copa de España Xuvenil FS continuará en 2026.


Próximo partido


Xa o vindeiro ano e en data por confirmar entre o 10 e o 11 de xaneiro, os noieses recibirán ao Sibuscascoche Ribeira FS pola 12ª xornada ligueira.



Ficha técnica

5 Coruña FS: Sergio Viejo (p), Leo Lavandeira, Lucas Rodríguez, Iago Ponte e Aarón López. Tamén xogaron Brais Pernas (p), Gerardo de Souza, Tomás Boquete (c), Nico García e Fabio Míguez.


Noia Portus Apostoli FS: Gabi Díaz (p), César (c), Cepeda, Gabi e Oliver Chenel. Tamén xogaron Cristian (p), Jorge Santiago, Iago López, Iván León, Xavi Souto, André, Bosco, Danito e Miguel Romero.


Goles: 0-1 Xavi Souto (1’), 1-1 Tomás Boquete (3’), 2-1 Fabio Míguez (5’), 2-2 Gabi (6’).


Os árbitros Franco Álvaro Campagnoli e Nicolás Villegas amoestaron con tarxeta amarela nos coruñeses a Iago Ponte (14’) e Nico García (29’). Nos noieses, amarela a Cepeda (29’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 11 do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal Novo Mesoiro de A Coruña.

Comments


bottom of page