top of page

CRÓNICA X10 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (NPA 7–1 VSS) | De maneira incontestable

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 2 days ago
  • 2 min read
Martes, 16/12/2025 · 12:58h · Imaxe: Alejandro Lorenzo | Os de Pablo Cardoso encarrilan o 9º triunfo do curso na segundae metade.
Martes, 16/12/2025 · 12:58h · Imaxe: Alejandro Lorenzo | Os de Pablo Cardoso encarrilan o 9º triunfo do curso na segundae metade.

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS logrou outra importante vitoria, a 9ª da temporada, este domingo ante o Valladolid Sport Sala, froito dunha gran segunda metade que engordou o marcador en favor noiés (7-1).


Os brancos controlaron o partido desde o inicio, pero a primeira vantaxe do partido correspondeu aos valisoletanos. Rodrigo Leal colocou o 0-1 no 4’ para os seus, que preto estiveron do 0-2 cun disparo ao pau. Porén, os noieses déronlle cedo a volta ao marcador, cos goles de Jorge Santiago e Oliver Chenel.


Encamiñando pouco a pouco


Mereceu maior recompensa o Portus Apostoli antes do descanso e tívoa despois, quizais cando máis discutido estaba o timón do choque. Dúas dianas practicamente consecutivas de Gabi e Cepeda deron primacía aos locais e provocaron a entrada do porteiro-xogador nos visitantes, que só fixo confirmar o triunfo noiés cos tantos de Xavi Souto e outro de Cepeda. O sétimo e definitivo levou a sinatura de Oliver Chenel cos brancos actuando de cinco.


A cinco xornadas para o término da primeira volta, os de Pablo Cardoso continúan reafirmándose no liderado da clasificación, agora con 27 puntos, dous de diferenza co seu inmediato perseguidor.


Próximo partido


Os noieses visitan ao 5 Coruña FS o vindeiro sábado 20 ás 16:00h pola 11ª data ligueira.



Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS: Gabi Díaz (p), Bosco, Cepeda, Iago López e Oliver Chenel. Tamén xogaron Cristian (p), César (c), Jorge Santiago, Xavi Souto, Gabi, André, Danito e Miguel Romero.


CD Valladolid Sport Sala: Sergio Rodríguez (p), Jaime Gómez, Alonso Martínez, Hugo Pinto e David Inés. Tamén xogaron Alaa Dine Bouchrai (p), Gonzalo Salvador (p), Denzel Guevara, Pablo Juárez, Víctor García, Juan Elvira, Luis Blanco, Guillermo Martínez (c) e Rodrigo Leal.


Goles: 0-1 Rodrigo Leal (4’), 1-1 Jorge Santiago (6’), 2-1 Oliver Chenel (8’), 3-1 Gabi (29’), 4-1 Cepeda (29’), 5-1 Xavi Souto (32’), 6-1 Cepeda (35’), 7-1 Oliver Chenel (37’).


Os árbitros Adán Cabo González e Saúl Cabo González amonestaron con tarxeta amarela nos noieses a Jorge Santiago (12’), Iago López (35’) e César (35’). Nos valisoletanos, amarela a David Inés (31’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 10 do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia ante uns 200 espectadores.

Comments


bottom of page