CRÓNICA 1/4 DE FINAL COPA DE ESPAÑA XUVENIL FS (NPA 6–0 VDE) | Histórico triunfo e a semis!
- 3 minutes ago
- 2 min read

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS xa fixo historia, logrando a súa primeira vitoria nunha Copa de España Xuvenil FS. Os de Pablo Cardoso avanzan a semifinais despois de desfacerse con contundencia do CD Valle del Ebro (6-0) no encontro que abría a competición.
A tiranía branca instalouse desde o principio, cunha alta intensidade e ritmo de xogo. Foi a presión arriba a que propiciou o 1-0, con Oliver Chenel roubando e entregando a Gabi para poñer o balón nas mallas. O segundo fíxose de rogar ata o minuto 11, cun tiro á madeira e numerosas ocasións claras de por medio. Repetiu Gabi, cun disparo desde banda dereita. Seguidos caeron dous máis, de Koeman e César, ambos empuxando ao segundo pau envíos de Gabi e Álvaro, respectivamente.

Partido sentenciado
A pracer fixo tamén Cepeda o quinto, xa tras o reinicio, onde os noieses mantiveron o control pero baixando revolucións, quizais pensando no sábado. Quíxoo aproveitar para sumar o seu gol o CD Valle del Ebro, que tivo practicamente inédito a Mosquera na meta noiesa na primeira metade, pero fixo esforzarse en dúas oportunidades a Cristian na segunda, ademais de lanzar ao pau. A sete minutos do final, Gabi anotou o sexto e definitivo, que significaba o seu hat-trick persoal e a guinda a un triunfo espectacular, celebrado na pista e na grada por unha familia noiesa que demostrou que veu a Granada con toda a fame do mundo.
Próximo partido
Los noieses se enfrentarán en semifinales al Voladuras Carthago Jimbee Cartagena (que ganó 1-11 al Room Tryp Agüimes) este sábado 21 a partir de las 11:00h en el Palacio de los Deportes de Granada.
Ficha técnica
Noia Portus Apostoli FS: Mosquera (p), Cepeda, Koeman, Gabi y Oliver Chenel. También jugaron Cristian (p), Jorge Santiago, Iván León, Danito, César (c), Álvaro, Xavi Souto, Iago López y André.
CD Valle del Ebro: Marc Luengo (p), Nicolás Bittini, Iván Peso, Marco Domínguez y Javier Ríos. También jugaron Othman Boumya, Rodrigo Rangel, Aitor Saseta, Héctor Palacios, Daniel Timar, Elian Rubio y Amin El Amrani.
Goles: 1-0 Gabi (2’), 2-0 Gabi (11’), 3-0 Koeman (12’), 4-0 César (14’), 5-0 Cepeda (23’), 6-0 Gabi (33’).
Los árbitros Rafael Olmos Sáez y Aarón García Luque, del comité andaluz, no realizaron ninguna amonestación.
Incidencias: partido correspondiente a la ronda de cuartos de final de la Copa de España Juvenil FS, disputado en el Municipal de Albolote (Granada) ante unos 350 espectadores, con presencia de un centenar de aficionados noieses.





Comments