top of page

CRÓNICA XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (STE 1-9 NPA) | O Xuvenil debuta con paso firme


Domingo, 15/09/2024 · 18:35h | Os noieses foron moi superiores ao seu rival de principio a fin, completando unha goleada ampla.


O Xuvenil de División de Honra puxo en marcha a competición da Escola Deportiva noiesa co seu debut na categoría, e de que maneira. O equipo dirixido por Daniel Ventoso logrou unha contundente vitoria por 1-9 na pista do Stellae Leis Pontevedra FS, no que significou o seu regreso ao máximo escalón Xuvenil.


Cun 0-4 ao descanso, grazas aos tantos de Oliver Chenel, Iago López, Saúl e Mateo Varela, o marcador quedou moi decantado do lado noiés. Intentou reaccionar á saída de vestiarios o cadro local, reducindo diferenzas, pero non foi máis que un espellismo, xa que os brancos lograron 5 dianas máis, por medio de Xavi Souto, novamente Mateo Varela, Koeman, Álvaro Fernández e o segundo de Oliver Chenel.


Próximo partido


Os noieses recibirán a vindeira semana na segunda xornada ligueira ao conxunto salmantino CD Tres Columnas Soliges Redmediaria.


 

Ficha técnica

Stellae Leis Pontevedra FS: Luis Rey (p), Marco Cepeda, Pablo Area, Samuel Carracelas e Xián Pérez. Tamén xogaron Carlos Mira (p), Rubén Dios, Pablo Dasilva, Raúl Silva, Enrique Lorenzo (c) e Lucas Outeda.


Noia Portus Apostoli FS: Raúl Mosquera (p), Saúl, Koeman, Xavi Souto e Oliver Chenel. Tamén xogaron Koke (p), Mateo Varela, César, Álvaro, Brais (c), Iago López, Hugo Veiga e Danito.


Goles: 0-1 Oliver Chenel (2’), 0-2 Iago López (11’), 0-3 Saúl (19’), 0-4 Mateo Varela (20’), 1-4 Samuel Carracelas (26’), 1-5 Xavi Souto (28’), 1-6 Mateo Varela (28’), 1-7 Koeman (31’), 1-8 Álvaro (35’), 1-9 Oliver Chenel (39’).


Os colexiados Álvaro Sobral Moreno e Borja Rodríguez Rodiño amoestaron polos pontevedreses a Pablo Area (12’ e 35’) e polos noieses a Iago López (26’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Pavillón Monte Carrasco Marcón de Pontevedra.

Kommentare


bottom of page