top of page

Pau Codony, tamén coa Selección Galega Sub-19

Formará parte da segunda tanda de adestramentos de pre-selección e preparación, este mércores 25 en Boqueixón.

(foto: Pichero)

Se a semana pasada foron Hugo García, Jorge González e Brais Sueiro os que acudiron á chamada da Selección Galega Sub-19, esta será o turno de Pau Codony. O á do Filial noiés, en dinámica de primeiro equipo, participará este mércores 25 ás 19:30h no Pavillón de O Forte, en Boqueixón, no 2º adestramento de pre-selección do combinado autonómico.

Pau, capitán da Selección Galega Sub-19 no pasado Campionato de España de seleccións territoriais, conta xa, por tanto, con sobrada experiencia dentro do conxunto que dirixe Emilio José Fernández “Pachi”. Esta temporada, ademais, tamén é o capitán do Noia Portus Apostoli FS “B”, co que é líder con 6 vitorias en 6 partidos en Tercera División Fútbol Sala e, no apartado persoal, suma 5 goles.

bottom of page