top of page

Jorge González, Hugo García e Brais Sueiro, convocados pola Selección Galega Sub-19

Os tres xogadores do Filial completarán un adestramento o mércores 18 no proceso de pre-selección e preparación de cara á fase previa do campionato de España.

Jorge nun dos partidos desta temporada (foto: Pichero)

As seleccións galegas de categorías inferiores comezan a prepararse e, no caso da Sub-19, con presenza do Noia Portus Apostoli FS. Jorge González, Hugo García e Brais Sueiro formarán parte do primeiro adestramento de pre-selección do equipo dirixido por Emilio José Fernández “Pachi”, este mércores 18 de outubro ás 18:00h no Pavillón de O Forte, Boqueixón.

Os tres xogadores do Filial noiés tratarán de referendar o seu gran traballo co equipo de David Palmas, líder do seu grupo da Tercera División Fútbol Sala con cinco vitorias en cinco partidos, para facerse un oco no conxunto, tanto o que xogará a fase previa en Galicia entre o 26 e o 30 de decembro, como o que representará as cores branca e azul na fase final entre o 23 e o 28 de xaneiro.

bottom of page