top of page

O Noia Portus Apostoli FS e Noia Histórica unen forzas unha temporada máis

2 hours ago
1 min read
Xoves, 24/09/2026 · 17:19h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Club e asociación continuarán sumando mediante sorteos, comezando por esta mesma semana co dunha pelota e vales de compra.
Xoves, 24/09/2026 · 17:19h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Club e asociación continuarán sumando mediante sorteos, comezando por esta mesma semana co dunha pelota e vales de compra.

A unión entre Noia Portus Apostoli FS e Noia Histórica manterase durante a temporada 2026/2027. Así o escenificaron Severino Barreiro e María Carmen Parcero, presidente do Club e secretaria da asociación, respectivamente, dando o punto de partida desde xa a máis sorteos e colaboracións entre ambos.


Participa no sorteo en Instagram para conseguir un balón oficial da temporada 2025/2026 e vales de compra para canxear en establecementos de Noia Histórica! Para entrar no sorteo só tes que seguir en Instagram ao Noia Portus Apostoli FS (@noiafutbolsala) e a Noia Histórica (@noiahistorica) e darlle like e mencionar a dous amigos na publicación.


O sorteo estará activo ata o xoves 1 de outubro ás 10:00h e o/a gañador/a coñecerase ese mesmo día.


Comments


bottom of page