COMUNICADO OFICIAL
- Departamento prensa Noia PA FS

- 2 days ago
- 1 min read

Durante a pasada madrugada, o autobús do Noia Portus Apostoli FS sufriu un percance na parte final do seu traxecto de volta desde Tudela, consistente nunha colisión cun grupo de xabarís que se interpuxeron por sorpesa na estrada e que non ocasionou ningún incidente, máis aló do susto e os desperfectos do vehículo.
O Club quere agradecer a rápida intervención da Garda Civil de Tráfico e dos dous chofers de Autos Dosil, que puideron reparar os danos e asegurar que a expedición podía completar de maneira segura o percorrido de regreso ata Noia.











Comments