Un febreiro con moito Mourís
- Departamento prensa Noia PA FS

- 4 hours ago
- 2 min read

Co aprazamento da semifinal da Copa Galicia FS, o mes de febreiro debuxa catro compromisos para o Noia Portus Apostoli FS no regreso á competición tras o parón polos torneos de seleccións continentais, con especial protagonismo do seu feudo.
De feito, só o primeiro non será alí. Os noieses reanudarán a Primeira División FS coa disputa da xornada 18 o sábado 14 ás 18:00h na pista do Servigroup Peñíscola FS.
A partir de aí, tres encontros consecutivos no Municipal Agustín Mourís por diante, empezando polo plato forte. O Portus Apostoli xogarase ante a súa xente a opción de clasificarse a unha histórica Final Four da Copa do Rei FS o mércores 18 ás 21:00h, recibindo ao Viña Albali Valdepeñas na eliminatoria de cuartos de final.
Aproveita a promoción ABONO METADE DE TEMPORADA

A semana finaliza con outra espectacular cita. O equipo de David Palmas enfrontarase ao líder da Liga, ElPozo Murcia Costa Cálida FS, o sábado 21 ás 13:00h en aberto ante as cámaras de Teledeporte e sobre a pista azul, que se colocará por primeira vez no fortín noiés.
E febreiro baixará a persiana cun partido en horario inédito no Mourís. Visitará a Vila o Industrias Santa Coloma pola xornada 20 da Primeira División FS en venres, máis concretamente o día 27 ás 20:00h.
Un mes no que o afeccionado poderá gozar do fútbol sala de máis alto nivel en Noia. Un mes, tamén, no que o seu equipo intentará seguir afianzándose para lograr o obxectivo na Liga, sobre todo a través da súa fortaleza e, por que non, facer historia.











Comments