top of page

Chega agosto, volve o Noia

  • 3 hours ago
  • 1 min read
Domingo, 02/08/2026 · 17:44h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os brancos regresan mañá, luns 3, aos adestramentos e o sábado 15 xogarán o primeiro amistoso.
Domingo, 02/08/2026 · 17:44h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os brancos regresan mañá, luns 3, aos adestramentos e o sábado 15 xogarán o primeiro amistoso.

A espera está a piques de terminar. Escasas horas separan ao Noia Portus Apostoli FS 2026/2027 de converterse nunha realidade. Este luns 3, os dirixidos por David Palmas realizarán a presentación e primeira sesión de pretemporada, e algo menos de dúas semanas despois, chegará o primeiro de cinco amistosos.


En agosto xogaranse catro deles, empezando polo duelo ante o ADCR Caxinas Poça Barca portugués en Redondela o sábado 15 de agosto. Na terceira semana de pretemporada, o cadro noiés afrontará o IX Trofeo Portus Apostoli. En plenas festas patronais de San Bartolomeu, a Vila acollerá un torneo emocionante e de altísimo caché, co Illes Balears Palma Futsal, O Parrulo Ferrol FS e a Selección de Indonesia. Os brancos enfrontaranse ao combinado asiático o venres 21 e, na final ou no choque polo terceiro e cuarto posto, o sábado 22 a baleares ou ferroláns. Para pechar agosto, o penúltimo compromiso de preparación, que levará aos noieses a Sanxenxo para verse as caras co SC Braga luso o venres 28.


Os nosos buscarán repetir éxito no seu torneo | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Os nosos buscarán repetir éxito no seu torneo | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

A información referente a horarios e entradas será proporcionada polo Club nos vindeiros días a través das súas canles oficiais.

bottom of page