top of page

Así se debuxa a Segunda División “B” FS 2026/2027 para o Filial

  • 17 minutes ago
  • 1 min read
Luns, 24/08/2026 · 19:20h | O equipo de Chipi iniciará o seu terceiro concurso seguido na categoría de bronce a fin de semana do 19 de setembro.
Luns, 24/08/2026 · 19:20h | O equipo de Chipi iniciará o seu terceiro concurso seguido na categoría de bronce a fin de semana do 19 de setembro.

O Noia Portus Apostoli FS “B” xa coñece como será a súa traxectoria durante as 30 xornadas de Liga no Grupo 1 da Segunda División “B” FS. O obxectivo, volver a asinar unha salvación tranquila mentres as promesas noiesas seguen medrando.


Os de Chipi empezarán a competición a fin de semana do 19 de setembro na casa contra o Caja Rural Atlético Benavente FS. O seu primeiro desprazamento, a continuación na pista do SD Xove FS. A conclusión chegará a fin de semana do 8 de maio no Agustín Mourís fronte a un dos ascendidos, o CD CompoSala.


O cadro filialista atópase en traballos de pretemporada desde o pasado luns 10 de agosto. Ata agora disputou un encontro amistoso, ante o REYCO Burela FS (derrota 6-0), e o seguinte será este sábado en Noia ante o IES Coruxo FS.



Comments


bottom of page