Daniel Ventoso non continuará á fronte do Xuvenil de División de Honra
- Departamento prensa Noia PA FS
- Sep 1
- 1 min read

Daniel Ventoso non continuará dirixindo ao Xuvenil de División de Honra na temporada 2025/2026.
O adestrador pecha así a súa vinculación co Club, despois de tres temporadas á fronte dun equipo co que logrou dous ascensos de categoría, un título de Liga do Grupo 1 de Xuvenil División de Honra FS e participacións na Copa de España FS e a Fase Final do Campionato de España de Clubes Sub-19.
O Club quere agradecerlle a súa profesionalidade e os servizos prestados durante todos estes anos e deséxalle a maior das sortes tanto no terreo persoal como no profesional.
Comments