A XXXV Copa Galicia FS colle forma
- 1 hour ago
- 1 min read

A Real Federación Galega de Fútbol anunciou onte luns os primeiros detalles da XXXV Copa Galicia FS, na que o Noia Portus Apostoli FS buscará reclamar o trono perdido o pasado abril en Pontevedra.
Como vén sendo habitual nas últimas edicións, os brancos entrarán en competición na rolda de cuartos de final, xunto a O Parrulo Ferrol FS, Reyco Burela FS e Exlabesa Leis Pontevedra FS, como un dos mellores catro conxuntos da campaña anterior. Antes, e desde o 29 de agosto, un total de 26 equipos entre o Grupo 1 de Segunda División “B” FS e o Grupo 8 de Terceira División FS disputaranse durante tres fases previas as outras catro prazas libres. Unha vez chegado a ese momento, realizarase un sorteo para dilucidar o cadro final do torneo.
O obxectivo noiés, ao igual que desde hai un tempo atrás, erguer o trofeo. Nesta vindeira 2026/2027, quizais con máis esmpeño se cabe que nos últimos anos.
Cadro de eliminatorias inicial






Comments