top of page

XVI Campus de Verán Noia Portus Apostoli FS | O Campus dobra a súa diversión!

Na súa 16ª edición, a cita estival do fútbol sala base noiés estará composta por dúas semanas, do 5 ao 9 e do 12 ao 16 de agosto, para que os nenos/as nados entre 2008 e 2020 gocen e aprendan co noso deporte!
A inscrición poderá levarse a cabo vía online ou no Local Social do Club con data límite o venres 26 de xullo.


Comeza a conta atrás para a 16ª edición do tradicional Campus de Verán do Noia Portus Apostoli FS, que este 2024 contará cunha importante novidade. Por primeira vez, a cita estival noiesa terá lugar durante dúas semanas, do 5 ao 9 e do 12 ao 16 de agosto, en horarios de 10:00h a 13:30h. Todos os nenos/as nados entre 2008 e 2020 que se anoten terán a oportunidade de escoller entre ir a unha das semanas ou as dúas, con cotas axustadas a cada elección.


Un ano máis, o Campus asegura hábitos saudables, aprendizaxe e divertimento... pero, esta vez, en dobre dose!


Inscrición e cota

A inscrición levarase a cabo no Local Social do Club (Rúa Carcasía, 7. Noia) ou a través do formulario online AQUÍ achegado, con data límite o venres 26 de xullo, incluído.


As cotas de inscrición serán as seguintes:


·1 semana xeral: 85€

·1 semana xogador Escola Deportiva 23/24: 70€

·2 semanas xeral: 125€

·2 semanas xogador Escola Deportiva 23/24: 110€


Para o segundo irmán, aplicarase un desconto do 30%. No caso dun terceiro irmán, o desconto será do 50%.


A cota inclúe a equipación oficial do XVI Campus de Verán, consistente nunha camiseta e un pantalón.

Comments


bottom of page