top of page

XV Campus de Verán Noia Portus Apostoli FS | O Campus cumpre a súa 15ª edición!

Entre o 14 e o 18 de agosto, os nenos/as nados entre 2007 e 2019 que o desexen poderán formar parte dunha nova celebración do Campus de Verán.


Un ano máis, o Noia Portus Apostoli FS festexará o seu xa tradicional Campus de Verán, que este 2023 cumpre a súa 15ª edición. O Municipal Agustín Mourís e o Pavillón Alonso Rodríguez acollerán entre o 14 e o 18 de agosto cinco días de auténtico fútbol sala base, hábitos saudables e divertimento para a rapazada nada entre 2007 e 2019 que se anote.


Inscrición e cota


A inscrición levarase a cabo no local social do club (Rúa Carcasía, 7. Noia) ou a través do formulario AQUÍ achegado, con data límite o luns 7 de agosto incluído. En canto á cota, será de 75€ na modalidade xeral e de 60€ para os rapaces/as que pertenceron a pasada temporada á Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS, e aplicarase un desconto do 50% a irmáns. Os prezos inclúen a equipación (camiseta e pantalón) do XV Campus de Verán.

bottom of page