top of page

Xornadas de portas abertas na Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS

Durante as semanas do luns 10 e o luns 17 no Municipal Agustín Mourís durante os horarios de adestramento de cada categoría.


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS pon a disposición de todos os rapaces e rapazas nados entre o 2005 e o 2020 a oportunidade de probar a maxia do fútbol sala! De luns a venres, desde o día 10 ata o 21 de xuño, e durante os horarios de adestramento das categorías inferiores, o Club realizará no Municipal Agustín Mourís unhas xornadas de portas abertas.


A inscrición ás mesmas débese levar a cabo no formulario ao que se pode acceder AQUÍ, onde tamén se atopan os horarios correspondentes a cada idade.


O contacto para calquera tipo de dúbidas ou consultas, a través do correo electrónico escuela@noiafutbolsala.com ou o número de teléfono 676 781 868 (só WhatsApp).

Comments


bottom of page