top of page

VENDA DE ENTRADAS | Xornadas 11, 13 e 15 do Torneo Apertura da Liga Prime Futsal

6 hours ago
1 min read
Venres, 13/11/2026 · 12:45h
Venres, 13/11/2026 · 12:45h

Xa están á venda as entradas para os partidos correspondientes ás xornadas 11, 13 e 15 do Torneo Apertura da Liga Prime Futsal, nos que o Noia Portus Apostoli FS se enfrontará, respectivamente, co Quesos El Hidalgo Manzanares FS (sáb. 05/12, 14:30h), Córdoba Patrimonio de la Humanidad (sáb. 19/12, 17:00h) e Wanapix (mér. 30/12, 20:30h) no Municipal Agustín Mourís.



PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS

ABONADOS


GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado/a na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.


Lembramos a todos os abonados que non vaian a asistir a algún dos partidos a posibilidade da cesión do seu asento a disposición do Club. O procedemento pódese levar a cabo tanto na plataforma online noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”, como no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia) no seu horario de apertura (mércores e venres de 12:00h a 13:00h) ou cun correo electrónico a administracion@noiafutbolsala.com ou WhatsApp ao 669 72 95 75 especificando número de abonado, nome e apelidos e DNI.


NON ABONADOS


·XERAL (+16 anos): 20€


·MOZO (-16 anos): 10€


Ao momento da entrada ao Municipal, revisarase a idade de todas as persoas que acudan cunha entrada MOZO (-16 anos).


COMO E ONDE MERCO A MIÑA ENTRADA?

·Dispoñibles na plataforma noiafs.compralaentrada.com/eventos.


·Tamén no Local Social del Club (rúa Carcasía, 7. Noia), os mércores e venres en horario de 12:00h a 13:00h (exceptuando festivos).


·Por último, nos días de partido poñeríanse á venda as restantes na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís en torno a 1 hora e media antes do inicio.

Comments


bottom of page