PARTE MÉDICO | Leozin recibe a alta
1 hour ago
1 min read

O xogador Leozin recibiu a alta médica por parte do doutor Adrián Gallego, co que conclúe un período de once meses de baixa por unha rotura do ligamento cruzado anterior e meniscos interno e externo do xeonllo esquerdo, lesión sufrida o pasado 13 de decembro de 2025, no partido na pista do Family Cash Alzira FS.
Desde a intervención quirúrxica, levada a cabo polo doutor Adrián Gallego o 22 de decembro, o pivote brasileiro realizou durante estes meses sesións de traballo individual co fisioterapeuta Sergio Fandiño, e hai uns días iniciou a súa reincorporación progresiva á dinámica de adestramentos do grupo.





Comments