VENDA DE ENTRADAS | Noia Portus Apostoli FS – Industrias Santa Coloma (X20 Primeira División FS, ven. 27/02, 20:00h)
- 5 minutes ago
- 1 min read

Xa están á venda as entradas para o partido correspondente á xornada 20 da Primeira División FS, que enfrontará ao Noia Portus Apostoli FS co Industrias Santa Coloma o vindeiro venres 27 de febreiro ás 20:00h no Municipal Agustín Mourís.
PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS
ABONADOS
GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado/a na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.
Lembramos a todos os abonados que non vaian a asistir ao encontro a posibilidade da cesión do seu asento a disposición do Club. O procedemento pódese levar a cabo tanto na plataforma online noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”, como no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia) no seu horario de apertura.
NON ABONADOS
·XERAL (+16 anos): 20€
·MOZO (-16 anos): 10€
Ao momento da entrada ao Municipal, revisarase a idade de todas as personas que acudan cunha entrada MOZO (-16 anos).
COMO E ONDE MERCO A MIÑA ENTRADA?
·As entradas están á venda na plataforma online noiafs.compralaentrada.com/eventos.
·Tamén podes facerte coa túa entrada no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia), o luns 23 e o mércores 25 en horario de 19:00h a 20:00h.
·Por último, e se quedaran entradas dispoñibles, o mesmo día do partido poñeríanse á venda as restantes na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís en torno a 1 hora e media antes do inicio do partido.





Comments