top of page

VENDA DE ENTRADAS | Noia Portus Apostoli FS – Sur Seeds El Ejido Futsal (X3 Liga Prime Futsal – Torneo Apertura; dom. 27/09, 16:30h)

2 days ago
1 min read
Martes, 15/09/2026 · 13:08h
Martes, 15/09/2026 · 13:08h

Xa están á venda as entradas para o partido correspondente á xornada 3 do Torneo Apertura da Liga Prime Futsal, que enfrontará ao Noia Portus Apostoli FS co Sur Seeds El Ejido Futsal o vindeiro domingo 27 de setembro ás 16:30h no Municipal Agustín Mourís.



PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS

ABONADOS


GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado/a na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.


Lembramos a todos os abonados que non vaian a asistir ao encontro a posibilidade da cesión do seu asento a disposición do Club. O procedemento pódese levar a cabo tanto na plataforma online noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”, como no Local Social del Club (rúa Carcasía, 7. Noia) no seu horario de apertura.


NON ABONADOS


·XERAL (+16 anos): 20€


·MOZO (-16 anos): 10€


Ao momento da entrada ao Municipal, revisarase a idade de todas as persoas que acudan cunha entrada MOZO (-16 anos).


COMO E ONDE MERCO A MIÑA ENTRADA?

·Dispoñibles na plataforma noiafs.compralaentrada.com/eventos.


·Tamén no Local Social del Club (rúa Carcasía, 7. Noia), os luns, mércores e venres en horario de 12:00h a 13:00h.


·Por último, o mesmo día do partido poñeríanse á venda as restantes na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís en torno a 1 hora e media antes do inicio.



Comments


bottom of page