top of page

VENDA DE ENTRADAS | Noia Portus Apostoli FS – Córdoba Patrimonio de la Humanidad (X12 Primeira División FS, sáb. 29/11, 20:00h)

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Nov 19
  • 1 min read
Mércores, 19/11/2025 · 17:39 · Imaxe (de arquivo): Foto Pichero
Mércores, 19/11/2025 · 17:39 · Imaxe (de arquivo): Foto Pichero

Xa están á venda as entradas para o partido correspondente á xornada 12 da Primeira División FS, que enfrontará ao Noia Portus Apostoli FS co Córdoba Patrimonio de la Humanidad o vindeiro sábado 29 de novembro ás 20:00h no Municipal Agustín Mourís.


PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS

ABONADOS


GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado/a na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.


Lembramos a todos os abonados que non vaian a asistir ao encontro a posibilidade da cesión do seu asento a disposición do Club. O procedemento pódese levar a cabo tanto na plataforma online noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”, como no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia) no seu horario de apertura.


NON ABONADOS


·XERAL (+16 anos): 20€


·MOZO (-16 anos): 10€


Ao momento da entrada ao Municipal, revisarase a idade de todas as persoas que acudan cunha entrada MOZO (-16 anos).


COMO E ONDE MERCO A MIÑA ENTRADA?

·As entradas están á venda na plataforma online noiafs.compralaentrada.com/eventos.


·Tamén podes facerte coa túa entrada no Local Social del Club (rúa Carcasía, 7. Noia), o mércores 19, o venres 21, o luns 24, o mércores 26 e o venres 28 en horario de 19:00h a 20:00h.


·Por último, e se quedaran entradas dispoñibles, o mesmo día do partido poñeríanse á venda as restantes na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís en torno a 1 hora e media antes do inicio do partido.

Comments


bottom of page