VENDA DE ENTRADAS – DÍA DO CLUB | Noia Portus Apostoli FS – Barça (X13 Primeira División FS, sáb. 06/12, 16:30h)
- Departamento prensa Noia PA FS

- 7 days ago
- 2 min read
Updated: 6 days ago

Aberta a venda de entradas para abonados e non abonados de cara ao partido nomado "Día do Club", que enfrontará ao Noia Portus Apostoli FS co Barça o sábado 6 de decembro ás 16:30h no Municipal Agustín Mourís, correspondente á xornada 13 da Primeira División Fútbol Sala. As entradas pódense mercar en noiafs.compralaentrada.com/eventos e no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia) os luns, mércores e venres de 19:00h a 20:00h.
Todos os abonados XERAL, MOZO, FAMILIAR e ACOMPAÑANTE FAMILIAR terán de prazo ata o LUNS 1 de decembro ás 20:00h para mercar a ENTRADA DO SEU ASENTO.
TODOS OS ASENTOS NON MERCADOS POR ESES ABONADOS Á FINALIZACIÓN DESTE PRAZO QUEDARÁN LIBERADOS. A PARTIR DESE MOMENTO, TODO ABONADO QUE QUEIRA MERCAR UNHA ENTRADA PODERÁ FACELO, PERO, POSIBLEMENTE, NUN ASENTO DISTINTO AO SEU.
Ao momento do ingreso ao Municipal Agustín Mourís para o partido o día 6, revisarase a idade de todas as persoas que acudan cunha entrada MOZO (-16 anos).
PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS - ABONADOS
·SENTIMENTO: GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado, xa sexa físico ou dixital, na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.
Lembramos a todos os abonados SENTIMENTO que non vaian a asistir ao encontro a posibilidade da cesión do seu asento a disposición do Club. O procedemento pódese levar a cabo tanto na plataforma online noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”, como no Local Social del Club (rúa Carcasía, 7. Noia) no seu horario de apertura.
·XERAL, FAMILIAR e ACOMPAÑANTE FAMILIAR*: 15€. *Acompañante familiar maior de 16 anos.
·MOZO e ACOMPAÑANTE FAMILIAR*: 10€. *Acompañante familiar menor de 16 anos.
PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS - NON ABONADOS
·XERAL (maior de 16 anos): 25€
·MOZO (menor de 16 anos): 15€
COMO E ONDE MERCO A MIÑA ENTRADA?
·As entradas están á venda en todas as súas modalidades na plataforma online noiafs.compralaentrada.com/eventos.
·Tamén podes facerte coa túa entrada no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia), os luns, mércores e venres en horario de 19:00h a 20:00h.











Comments