VENDA DE ENTRADAS – DÍA DO CLUB | Noia Portus Apostoli FS – Barça (X4 Liga Prime Futsal – Torneo Apertura; dom. 04/10, 12:30h)

Xa están á venda as entradas para o partido correspondente á xornada 4 do Torneo Apertura da Liga Prime Futsal, que enfrontará ao Noia Portus Apostoli FS co Barça o vindeiro domingo 4 de outubro ás 12:30h no Municipal Agustín Mourís e que foi nomeado como Día do Club.
Todos os abonados XERAL, MOZO, FAMILIAR e ACOMPAÑANTE FAMILIAR terán de prazo ata o LUNS 28 de setembro ás 16:00h para mercar a ENTRADA DO SEU ASENTO.
TODOS OS ASENTOS NON MERCADOS POR ESES ABONADOS Á FINALIZACIÓN DESTE PERÍODO QUEDARÁN LIBERADOS. A PARTIR DESE MOMENTO, TODO ABONADO QUE QUEIRA MERCAR UNHA ENTRADA PODERÁ FACELO, PERO, POSIBLEMENTE, NUN ASENTO DISTINTO AO SEU.
Ao momento do ingreso ao Municipal Agustín Mourís para o partido, revisarase a idade de todas as persoas que acudan cunha entrada MOZO (-16 anos).
PREZOS E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS - ABONADOS
·SENTIMENTO: GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado/a, xa sexa físico ou dixital, na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.
Lembramos a todos os abonados SENTIMENTO que non vaian a asistir ao encontro a posibilidade da cesión do seu asento a disposición do Club. O procedemento pódese levar a cabo tanto na plataforma online noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”, como no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia) no seu horario de apertura.
·XERAL, FAMILIAR e ACOMPAÑANTE FAMILIAR*: 15€. *Acompañante familiar maior de 16 anos.
·MOZO e ACOMPAÑANTE FAMILIAR*: 10€. *Acompañante familiar menor de 16 anos.
PREZOS E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS - NON ABONADOS
·XERAL (+16 anos): 25€
·MOZO (-16 anos): 15€
COMO E ONDE MERCO A MIÑA ENTRADA?
·Dispoñibles en todas as súas modalidades na plataforma noiafs.compralaentrada.com/eventos.
·Tamén no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia), os lunes, mércores e venres en horario de 12:00h a 13:00h.
·Por último, o mesmo día do partido poñeríanse á venda as restantes na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís en torno a 1 hora e media antes do inicio.





Comments