
Desde este luns 18 de setembro e ata o vindeiro luns 25 ás 13:00h, ábrese a venda de entradas anticipada, destinada soamente a abonados, para o partido nomeado día do club que enfrontará ao Noia Portus Apostoli FS co Barça o vindeiro sábado 30 de setembro ás 18:00h no Municipal Agustín Mourís, pola cuarta xornada da Primera División Fútbol Sala.
A venda anticipada de entradas inclúe SOAMENTE A ABONADOS do Noia Portus Apostoli FS. Este prazo estará aberto ata o LUNS 25 de setembro ás 13:00h. TODOS OS ASENTOS NON MERCADOS POLOS ABONADOS NESTE PRAZO, QUEDARÁN LIBERADOS NO MOMENTO DE PECHE DO MESMO. A PARTIR DESE MOMENTO, TODO ABONADO QUE QUEIRA MERCAR UNHA ENTRADA, SE QUEDAN DISPOÑIBLES, PODERAO FACER, PERO A PREZO DE NON ABONADO E, POSIBLEMENTE, NUN ASENTO DISTINTO AO SEU.
A partir do luns 25, emitirase información sobre a venda a non abonados.
PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS
SENTIMENTO: GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado, xa sexa físico ou dixital, na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.
XERAL, FAMILIAR E ACOMPAÑANTE FAMILIAR*: 15€. *Acompañante familiar maior de 17 anos.
XUVENIL, INFANTIL E ACOMPAÑANTE FAMILIAR*: 10€. *Acompañante familiar menor de 17 anos (incluído).
COMO E ONDE MERCO A MIÑA ENTRADA?
As entradas están á venda na plataforma online do club, noiafs.compralaentrada.com/eventos/.
Tamén podes facerte coa túa entrada no local social do club (Rúa Carcasía, 7) entre o luns 18 e o luns 25 en horario de 12:00h a 13:00h e 19:30h a 20:30h (o luns 25 só de 12:00h a 13:00h).
·Posibilidade de liberación de asento
O abonado/a que non vaia a asistir ao encontro poderá liberar o seu asento tanto no local social do club (Rúa Carcasía, 7), entre o luns 18 e o luns 25 en horario de 12:00h a 13:00h e 19:30h a 20:30h (o luns 25 só de 12:00h a 13:00h), como na web noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”.
Comments