top of page
escuela24-25.jpg

PREINSCRICIÓN 2024/2025

Cartel-preinscrición-escola-deportiva-24-25-stories.jpg

​A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS xa se prepara para a nova temporada 2024/2025! O Club abre o período de preinscrición para todos aqueles nenos/as nados entre 2006 e 2020 que queiran formar parte dos distintos equipos, de Biberón ata Xuvenil, da nosa Base.

Onde podo realizar a preinscrición?

A preinscrición poderase realizar tanto no Local Social do Club (Rúa Carcasía, 7) como no formulario online destacado anteriormente, con data límite o mércores 31 de xullo. No caso de levarse a cabo no Local Social, solicítase presentar DNI do neno/a e do pai/nai/titor a cargo.

Procedemento de pago da cota

Como novidade para esta temporada, o Club adopta a opción do fraccionamento de pago da cota de inscrición para axudar a todas aquelas familias que non poidan asumilo de maneira inmediata. A preinscrición terá un custo de 30€, a abonar no Local Social ou por transferencia bancaria. O segundo pago realizarase en setembro e constará doutros 30€ (se non se fixo a preinscripción, o pago será de 60€), ao que se engadirán 6 mensualidades (outubro, novembro, decembro, xaneiro, febreiro e marzo) de 22,5€ cada unha, que completarán a cota total de 195€ (en caso de inscrición dun segundo irmán, a cota será de 144€).
 

Da mesma forma, o Club tamén pon a disposición a opción de realizar o pago da cota ao contado a principio de temporada a todas aquelas familias que o desexen.

Pack de roupa

O prezo do pack de roupa obrigatorio será de desde 95€ para os nenos/as pertencentes á Escola Deportiva a temporada pasada e de desde 160€ para os novos inscritos.

Edades e categorías

Biberón: 2019-2020

Prebenxamín: 2017-2018

Benxamín: 2015-2016

Alevín: 2013-2014

Infantil: 2011-2012

Cadete: 2009-2010

Xuvenil: 2006-2007-2008

Contacto

Para máis información, o Club habilita as vías de contacto de e-mail a escuela@noiafutbolsala.com e do número de teléfono 676 78 18 68, soamente por WhatsApp.

bottom of page