top of page
campusdeveran24-25.jpg

XVI CAMPUS DE VERÁN

Cartel-XVI-Campus-stories.jpg

INSCRICIÓNS PECHADAS

Un ano máis, o Noia Portus Apostoli FS festexará o seu xa tradicional Campus de Verán, que este 2024 cumpre a súa 16ª edición e contará cunha importante novidade. Por primeira vez, a cita estival noiesa terá lugar durante dúas semanas, do 5 ao 9 e do 12 ao 16 de agosto, en horarios de 10:00h a 13:30h. Todos os nenos/as nados entre 2008 e 2020 que se anoten terán a oportunidade de escoller entre ir a unha das semanas ou as dúas, con cotas axustadas a cada elección.

Un ano máis, o Campus asegura hábitos saudables, aprendizaxe e divertimento... pero, esta vez, en dobre dose!

Inscrición e cota
 

A inscrición levarase a cabo no Local Social do Club (Rúa Carcasía, 7. Noia) ou a través do formulario online que podes atopar arriba, con data límite o venres 26 de xullo, incluído.

As cotas de inscrición serán as seguintes:
 

·1 semana xeral: 85€

·1 semana xogador Escola Deportiva 23/24: 70€

·2 semanas xeral: 125€

·2 semanas xogador Escola Deportiva 23/24: 110€

Para o segundo irmán, aplicarase un desconto do 30%. No caso dun terceiro irmán, o desconto será do 50%.

A cota inclúe a equipación oficial do XVI Campus de Verán, consistente nunha camiseta e un pantalón.

bottom of page