
Martes, 23/07/2024 · 17:30h | O novo plantel branco iniciará os adestramentos o luns 19 de agosto.
A temporada 2024/2025 do Noia Portus Apostoli FS continúa tomando forma, agora coa confirmación do calendario de pretemporada. Os brancos comezarán os adestramentos o luns 19 de agosto e contarán con ata 7 partidos de preparación para unha Primeira División FS que dará inicio a fin de semana do 12 e 13 de outubro, e da que mañá mércores 24 se coñecerá o calendario.
O primeiro amistoso do Portus Apostoli xogarase o sábado 31 de agosto en Ferrol ante O Parrulo. A seguinte semana, o sábado 7 de setembro, os noieses veranse as caras co Pescados Rubén Burela FS en Bertamiráns, nun enfrontamento que se repetirá 14 días despois, o sábado 21, na pista dos laranxas. Entre medias, o sábado 14 o Noia visitará Vila do Conde para xogar contra o ADCR Caxinas portugués. A presentación no Municipal Agustín Mourís darase o venres 27, o sábado 28 e o domingo 29 coa celebración do VII Trofeo Portus Apostoli, que este curso regresa ao formato de triangular. O 5 de outubro, a unha semana de que comece a Liga, será momento para os últimos preparativos cun test de altísimo nivel diante do SC Braga, actual campión da Taça de Portugal, na cidade bracarense.
Todos os detalles pendentes de confirmación, como horarios ou rivais, serán desvelados nas vindeiras semanas, así como os posibles cambios que se puideran realizar nalgún dos encontros xa fixados.
Yorumlar