top of page

Peixe completa a portería noiesa


Luns, 22/07/2024 · 15:00h | O gardameta brasileiro chega á Vila procedente do Foz Cataratas do seu país.


O Noia Portus Apostoli FS coloca o cadeado á súa portería coa incorporación de Evandro Rafagnin, alcumado Peixe (Foz do Iguaçú, Paraná, Brasil, 27/10/1997), para pechar o posto de cara á temporada 2024/2025.


A excepción dun breve paso polo APAF Paranaguá, Peixe desenvolveu toda a súa carreira deportiva no Foz Cataratas, equipo da súa cidade natal. Un total de 9 temporadas na entidade paranaense, nas que pasou de ser unha promesa nas súas categorías inferiores a toda unha realidad no primeiro equipo, co que alcanzou as semifinais do PlayOff polo título da LNF en 2021.


Peixe compartirá posto na portería do Portus Apostoli co seu compatriota Schütt, co que lle une a gran habilidade co balón nos pés, ademais de seguridade e fiabilidade entre paus. Xunto a eles continuará Iván, que unha temporada máis compaxinará Primeiro Equipo con Filial.


Benvido a Noia, que xa é a túa nova casa, Peixe!



Comments


bottom of page