
Martes, 04/03/2025 · 19:00h · Imaxe: Foto Pichero | Tan só dous partidos para os noieses nun mes sinalado polo parón da Copa de España.
Despois do axetreo de febreiro, a calma de marzo. O Noia Portus Apostoli FS só xogará dous encontros durante o terceiro mes do ano, un na casa e outro fóra, ambos de Primeira División FS.
Os brancos pasarán de xogar 6 choques nun febreiro que lles sentou moi ben, a só ese par en marzo, aínda que cabe destacar que o número é un pouco enganoso, xa que disputaron un partido o último día de febreiro e tamén o farán o primeiro de abril.
E, para comezar, todo un plato forte. Tras o parón por seleccións da fin de semana anterior, os de David Palmas enfrontaranse o domingo 16 ás 13:00h no Agustín Mourís ao segundo derbi galego do curso ante o CD Burela FS. Na mesa, a opción de continuar a liña ascendente e xa non só alonxar aos dous equipos situados por detrás, senon tamén achegar aos de adiante, entre eles os laranxas, nunha xornada de duelos directos.
A continuación, a Copa de España FS proporcionará outra fin de semana de descanso para os 8 equipos non participantes, como é o caso do Portus Apostoli, que xa terá as miras postas no venres 28 ás 21:00h. Esas serán data e hora da visita ao ElPozo Murcia Costa Cálida FS, segunda das seis moi esixentes saídas que ten o Noia neste tramo final de Liga. Na pista dos charcuteiros buscarán alargar unha destacable xeira como visitantes, condición na que non perden desde o 21 de decembro.
Febreiro mudou a cara ao Noia Portus Apostoli FS, que, aínda que agora afronta un marzo máis light, sabe que eses 6 puntos que se poñerán en xogo este mes de marzo tamén poden ser vitais de cara a una encarnizada e cada vez máis abierta pelexa por conseguir a permanencia.

Comments