#TolosPorTi | Campaña de abonados temporada 2026/2027
- 1 day ago
- 2 min read
Se xa botas de menos o Agustín Mourís. Os goles. As paradas. As alegrías. As bágoas. Os berros. Os suspiros. Os aplausos. Os abrazos. Se, en definitiva, non podes agardar para volver a vivir a tolemia do Noia Portus Apostoli FS, tranquilo/a: non estás só/a. Xa podes abonarte á vindeira temporada 2026/2027 e demostrar que eres un dos #TolosPorTi!
Ata o 22 de xuño reservaranse os asentos dos abonados da pasada temporada
O Club activou para os abonados da finalizada campaña 2025/2026 un prazo de reserva dos seus asentos ata o luns 22 de xuño (incluído). Ao rematar ese período, os asentos dos abonados que non renovaran quedarán liberados. Se desexan cambiar de asento, só poderán facelo no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia) e, obviamente, só nun que xa estea libre no horario de apertura que se indicará na web e en redes sociais.
Os novos abonados, pola súa parte, poden tramitar a súa alta desde xa mesmo en asentos libres.
Abónate na plataforma ou no Local Social
Os procedementos de renovación e novo abono poderán levarse a cabo tanto na plataforma online noiafs.compralaentrada.com como no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia) no horario de apertura que se indicará na web e en redes sociais.
Tal e como se aprobou na última Asemblea Xeral Ordinaria, os carnets de abonado/a son nominativos, persoais e intransferibles, é dicir, só poderá asistir co mesmo aos partidos a persona á que está asignada o carnet, coa única excepción do carnet de empresa (consultar condicións no Local Social).
Retirada do carnet en formato físico e dixital
Coa intención de reducir a utilización de plásticos e contribuír a preservar o noso medio ambiente, desde o Club ponse a disposición dos abonados a posibilidade de posuír o carnet de abonado/a tan só en formato dixital, xa sexa en PassBook, PassWallet ou PDF. Así mesmo, os abonados que desexen ter o seu carnet en formato físico poderán solicitalo no Local Social.
Información sobre os abonos
Como novidade respecto a temporadas pasadas, tanto as renovacións como as novas altas abonarán o mesmo prezo:
·ABONO SENTIMENTO: 215€ (INCLÚE todos os partidos de todas as competicións, así como os Días do Club, o IX Trofeo Portus Apostoli e o Filial de Segunda División “B”)
·ABONO XERAL: 195€ (Maiores de 16 anos. INCLÚE todos os partidos de Liga, a excepción dos declarados Día do Club. Tamén inclúe o Filial de Segunda División “B”. NON INCLÚE os partidos do resto de competicións e o IX Trofeo Portus Apostoli)
·ABONO MOZO: 130€ (Menores de 16 anos. INCLÚE todos os partidos de Liga, a excepción dos declarados Día do Club. Tamén inclúe o Filial de Segunda División “B”. NON INCLÚE os partidos do resto de competicións e o IX Trofeo Portus Apostoli)
·ABONO FAMILIAR: 410€ (SÓ SE PODE REALIZAR NO LOCAL SOCIAL. Matrimonio + 2 fillos menores de 16 anos. INCLÚE todos os partidos de Liga, a excepción dos declarados Día do Club. Tamén inclúe o Filial de Segunda División “B”. NON INCLÚE os partidos do resto de competicións e o IX Trofeo Portus Apostoli)
·ABONO FILIAL: 50€ (Soamente aplica para os partidos do Filial de Segunda División “B”)






Comments