Nos oitavos da Copa do Rei FS, á pista do Heredia 21 Málaga Ciudad Redonda FS
- Departamento prensa Noia PA FS

- 2 hours ago
- 2 min read

O sorteo dos oitavos de final da Copa do Rei FS emparellou este xoves ao Noia Portus Apostoli FS co Heredia 21 Málaga Ciudad Redonda FS. Os brancos visitarán o Pabellón José Pérez Canca de Carranque en menos de dúas semanas, o martes 9 ou o mércores 10 de decembro.
O cadro de David Palmas obtivo o seu billete a esta quinta eliminatoria copeira hai 9 días, superando ao Vulcanizados Ruiz Tafa FS da Segunda División FS por 3-6, e agora volverá a enfrontarse a un dos tres conxuntos da categoría de prata que persisten no torneo do KO. Xunto a eles, trece ‘Primeiras’, coas entradas dos europeos Illes Balears Palma Futsal e Jimbee Cartagena Costa Cálida.

Heredia 21 Málaga Ciudad Redonda FS, un Segunda con plantel de Primeira
O equipo malagueño alcanzou estes oitavos de final despois de eliminar ao CD Tenerife Iberia Toscal (0-6) e ao outro galego de Primeira, O Parrulo Ferrol FS (2-0). En Liga, é o actual líder da Segunda División FS con 21 puntos en 9 partidos. E se miramos ao seu plantel, atopamos a un bloque que aúna xuventude de nivel con experiencia de Primeira e gañadora. Miguel, Alvarito e Davilillo son os superviventes daquel outrora CD UMA Antequera que en 2022 ergueu a improbable Copa do Rei FS como equipo de Segunda, ao igual que o adestrador José Antonio Borrego, ‘Tete’. Ademais, Rafa López, Fernando e Pablo Ordóñez fixérono vestindo outras camisetas.












Comments