O Vulcanizados Ruiz Tafa FS, rival na cuarta eliminatoria da Copa do Rei FS
- Departamento prensa Noia PA FS

- 3 days ago
- 2 min read

O sorteo da cuarta eliminatoria da Copa do Rei FS realizado na mañá deste xoves emparellou ao Noia Portus Apostoli FS co Vulcanizados Ruiz Tafa FS, cadro co que se enfrontará o martes 18 ou o mércores 19 de novembro no Polideportivo CIP Tafalla Laboral.
Os noieses entran na competición copeira xunto a outros trece equipos da Primeira División FS, quedando exentos os dous que participan en competición europea, Illes Balears Palma Futsal e Jimbee Cartagena Costa Cálida. Súmanse aos once de Segunda e os tres de Segunda División “B” FS que selaron o seu pase de rolda esta semana.
Todos os emparellamentos da cuarta eliminatoria.
Un Vulcanizados Ruiz Tafa FS con varios ex
O Vulcanizados Ruiz Tafa FS desfíxose do CMO Valves Lauburu Ibarra (4-5) para ser un dos once equipos de Segunda División FS clasificados á cuarta eliminatoria do torneo do KO. O cadro tafallés está cumprindo o seu primeiro curso na categoría de prata, despois de lograr o ascenso no PlayOff hai uns meses. Tras 5 xornadas ligueiras disputadas, o Tafa FS ocupa a 11ª praza con 5 puntos consumados en 1 vitoria, 2 empates e 2 derrotas.
Nas filas do conxunto navarro militan tres vellos coñecidos da familia noiesa. Empezando polo seu adestrador, Luisma, quen fora xogador do Portus Apostoli durante a campaña 2020/2021. Antes, vestiron de branco o porteiro Juan Zardoya -na 2017/2018- e o á Unai -na 2018/2019-, natural de Tafalla.
















Comments